19 de ago. de 2021

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

I Torneo de Petanca Concello de A Guarda

• Un total de 32 equipos participarán o sábado 21 de agosto, no evento deportivo que organiza o Club de Petanca O Caldeiro




Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 O vindeiro sábado día 21 de agosto de 2021, o Parque deportivo do Codesal acollerá a primeira edición do Torneo de Petanca Concello de A Guarda. Neste evento deportivo, organizado polo Club de Petanca O Caldeiro, participarán un total de 32 equipos.  

 O Torneo de Petanca Concello de A Guarda dará comezo ás 9:00h e estenderáse ao longo do día.

 O clube anfitrión O Caldeiro, creado no ano 2018 conta na actualidade cun total de 60 socios e 25 federados, empregando para os seus adestramentos as 16 pistas existentes na actualidade no Parque deportivo do Codesal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario