19 de ago. de 2021

A GUARDA

 “Facedoras do Baixo Miño”

A exposición fotográfica de Mar Caldas, estará na Casa dos Alonso ata o 2 de setembro e pode visitarse de luns a venres, de 9:00 a 14:30h.


De esq. a der. Mar Caldas, Mª Montserrat Magallanes e Antonio Lomba, na inauguración da exposición
Despois da inauguración, varias persoas observaron con detalle as fotografía expostas
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A Guarda acolle desde a tardiña de onte día 18 de agosto e ata o 2 de setembro, a mostra fotográfica “Facedoras do Baixo Miño”, unha exposición que recolle unha selección de fotografías de Mar Caldas que amosan a aportación da muller a súa comunidade, cun recoñecemento ao seu traballo.  

 Este proxecto da continuidade ao de “Facedoras de Bueu” no que Mar Caldas quere transmitir o legado da muller na Galicia Rural, neste caso centrado na comarca do Baixo Miño, e ao traballo da muller en diversos ámbitos coma o viveirismo, os cultivos de froitas e verduras, a artesanía ou o traballo do mar, coma é o caso das argaceiras, percebeiras e redeiras.  




 A exposición pode visitarse nos baixos da Casa dos Alonso en horario de luns a venres de 9:00 a 14:30h.  

 Na inauguración desta exposición a concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, quixo salientar o traballo realizado por Mar Caldas para recoller esta selección de mulleres e pór en valor o mundo no que traballan dun xeito tan realista e tan ben representado.  

 Pola súa banda Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, deulle os parabéns á autora destas fotografías e ás súas “musas”, por un resultado final moi especial, que quedou de manifesto nunhas fotografías de gran calidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario