II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho
Nesta fin de semana, A Guarda e Caminha van acoller ese evento cultural
Infogauda / A Guarda
Esta próxima fin de semana vaise celebrar o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento concebido polo xornalista caminhense Luís Almeida, e preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda.
O Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do río Minho a través do mundo da escrita: novelas, investigación histórica ou social, relatos infantís,..., son algúns dos exemplos que os visitantes a este evento poderán atopar ao longo da vindeira fin de semana na Praza de Avelino Vicente (A Guarda) e na Praça Conselheiro Silva Torres (Caminha), onde se desenvolverá de maneira simultánea.
O acontecemento constitúese de dúas partes diferenciadas: dunha banda a venda e exposición de libros publicados polos concellos galegos do Baixo Miño e polas câmaras municipais do Alto Minho portugués, e doutra banda a realización de actividades como presentacións de libros, recitais de poesía, concertos,…, que nos achegarán a nosa identidade literaria nun formato mais dinámico.
Aínda que o Encontro do Libro Luso Galaico é organizado polos concellos de Caminha e de A Guarda, tamén estarán presentes nel os diferentes concellos da ´raia´: Oia, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda de Caselas, do lado galego; e Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçâo e Melgaço.
De cara á programación complementaria (que se pode consultar e preinscribirse mais abaixo), cabe subliñar os concertos de Nelson Quinteiro “As nosas músicas d’aquí” e de Xardín Desordenado o venres, ou as presentación do ensaio “A Construcción da Fronteira Portuguesa” a cargo de Silvia Cernadas na tarde do sábado. O recital de diferentes poetas portugueses ou o concerto da Academia de Música Fernandes Fâo, completarán a programación do sábado en A Guarda.
Pola súa parte o grupo folk Na Revolta, de A Guarda, amenizará a noitiña do venres en Caminha e o domingo á tarde o autor Praxíteles González Martínez presentará na vila caminhense o seu traballo sobre o contrabando na fronteira miñota.
Pódese consultar o resto da programación e preinscribirse nas actividades do seu interese no programa adxunto e no enlace situado mais abaixo:
PROGRAMA NA GUARDA
Praza de Avelino Vicente
Venres 20 de Agosto
18:00h –
Apertura do Encontro
19:00h – “As
nosas músicas de A´qui”, da Compañía de Nelson Quinteiro
20:30h –
Apertura oficial
Alcalde do
Concello de A Guarda
Presidente da
Câmara Municipal de Caminha
Presidente da
União de Freguesias de Caminha e Vilarelho
Director do
Jornal Digital Caminha@2000
21:30h –
Concerto de “Xardín Desordenado”
Sábado 21 de Agosto
11:30h –
Contacontos para nenos
12:00h –
Presentación do libro “O Carocho do Río Miño”, de Brito Ribeiro
Presenta: Brito
Ribeiro
Editorial:
Nuceartes
12:40h –
Concerto da Academia de Música
18:30h –
Recital de Poesía de obras de autores da Ribeira do Miño “Krisálida”
19:30h –
Relatorio “A Construción da fronteira na Idade Média”
Imparte: Silvia
Cernadas
20:30h – Peche do Encontro
Inscricións
abertas en: https://www.woutick.es/evento/1617/entradas-ii-encontro-do-libro-luso-galaico-ribeira-do-mino

Ningún comentario:
Publicar un comentario