17 de ago. de 2021

A GUARDA

A GUARDA REFORZA A SÚA OFERTA LÚDICA DE DEPORTES DE PRAIA E PETANCA, REFORMANDO A ÁREA DEPORTIVA DE CODESAL CO APOIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA  

O deputado Santos Héctor visitou as actuacións, que tiveron un orzamento próximo aos 50.000 euros e foron financiadas polo Plan Concellos 


As obras foron visitadas hoxe polo deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez Díaz; o alcalde, Antonio Lomba Baz, a concelleira Mª Montserrat Magallanes Álvarez, o concelleiro Miguel Ángel Español Otero e o aparellador municipal Hermelindo Martínez González

Fotos: D.PO.
 

Infogauda / A Guarda

 Transformar unha instalación deportiva infrautilizada e dedicada anteriormente ao fútbol nun complexo lúdico vinculado aos deportes de verán e á integración social, foi o obxecto das obras acometidas polo Concello de A Guarda co apoio da Deputación de Pontevedra. O antigo campo do Codesal, na parroquia de Camposancos, é agora un complexo dedicado á práctica do volei-praia, balonmán-praia e fútbol praia, que inclúe, ademais, 16 canchas específicas para o xogo da petanca. 



 

 As obras, que foron visitadas hoxe polo deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez Díaz, e o alcalde, Antonio Lomba Baz, foron financiadas polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra cun orzamento total de execución de 48.319 euros. Durante a visita, na que participaron tamén a concelleira Mª Montserrat Magallanes Álvarez, o concelleiro Miguel Ángel Español Otero e o aparellador municipal Hermelindo Martínez González, destacouse por parte do deputado de Cooperación o acerto desta recuperación, aproveitando a proximidade da praia e apostando por unha oferta singular tanto para residentes como para  turistas. O alcalde Antonio Lomba explicou que a recuperación deste espazo comezou coa retirada do valado de bloques que perimetraba a instalación e a súa apertura dentro dunha contorna privilexiada. 

 



 Durante a visita comprobouse a renovación total efectuada no pequeno edificio de vestiarios, que antes atopábase nun estado de semiabandono. Tamén creouse un espazo de atención ao público, así como unha sala para oficinas, almacén e unha oficina, así como baños públicos adaptados, zonas de masaxes e aseos, lavabos e duchas. Ademais dotouse de novo alumeado exterior ás pistas de petanca, que contan cun elevado uso e que esta fin de semana acollerán un campionato. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario