2 de ago. de 2021

A GUARDA

O GRUPO DE GOBERNO DA GUARDA (PSOE) VOTA EN CONTRA DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGTBIQ+  


Na imaxe, momento da votación no pleno do día 30 de xullo de 2021

Trans Miño LGTBIQ+ / A Guarda

 Na tardiña do pasado venres celebrouse o pleno ordinario no Concello da Guarda, onde o Grupo Municipal de Converxencia Galega, e o seu concelleiro e portavoz Celso Rodríguez Fariñas, asumía o escrito presentado pola Asociación Trans Miño-LGTBIQ+.  

 O devandito portavoz comezou a súa intervención, solicitándolle ao alcalde a intervención por parte do presidente da asociación para a explicación de certos puntos, coa negativa deste mesmo.  

 Un grupo de goberno, que presume de diversidade e progresismo, votou en contra a moción que entre outras medidas solicitaba:  

· A celebración das efemérides. 

· A creación dun plan de diversidade para A Guarda.  

· Formación en materia de diversidade tanto para o persoal administrativo como para a Policía Local.  

· Que naqueles eventos que xeren unha masificación de público (Festa Langosta, Peixe Espada, Festas do Monte, etc.) haxa un punto que sirva para información e tamén para a posta da denuncia de agresións, entre outras medidas.  

 A portavoz do grupo de goberno, chegou a descalificar o traballo feito dende Trans Miño LGTBIQ+ coas palabra textuais de "NON ME PARECE DE RECIBO ENTRAR NESTAS MEDIDAS TAN INDIVIDUAIS" chegando a solicitar unha reformulación da moción quedándose nunha simple solicitude ao Concello que avogue por estas medidas.  

 A moción saiu aprobada polos apoios dos concelleirxs dos grupos municipais de Converxencia Galega, BNG e polo PP (9 votos a favor e 5 en contra, do grupo de goberno PSOE)  

 O referida moción tamén se debateu no Concello de Tui, levada a Pleno polo concelleiro de Converxencia 21, José Manuel Palacin, e que saiu aprobada por maioría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario