CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS (CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA): "(...) O ALBERGUE MUNICIPAL NON ESTABA FUNCIONANDO A ESPERA DA POMPOSIDADE DUNHA REINAUGURACIÓN (...)"
Infogauda / A Guarda
O pasado día 5 deste mes de agosto de 2021, Infogauda acolleu unha nota suscrita por Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal de Converxencia Galega, na que daba conta duns feitos relacionados cunhas persoas que desexando acceder a un lugar cuberto onde pasar á noite, finalmente tiveron que pernoctar no exterior do albergue municipal, sito na rúa Puerto Rico, nº 7 (A Guarda).
Agora, o devandito concelleiro, adxuntando varias fotografías correspondentes ás dependencias do albergue municipal de A Guarda, enviou na tardiña de onte, luns día 9 de agosto de 2021, a Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, á seguinte nota de prensa:
A MENTIRA TEN PATAS CORTAS, ONTE NON, HOXE SI FUNCIONA
Despois do debate sobre o funcionamento ou non do ALBERGUE MUNICIPAL no que escoitamos e leemos a uns poucos “músicos de oído” e tamén a algún voluntario volver a facer de “la voz de su amo”, chegamos a conclusión, que máis ben, o ALBERGUE MUNICIPAL non estaba funcionando a espera da pomposidade dunha reinauguración por parte de quen manda.
Todo este alboroto, para decir que as instalacións non estaban rematadas, cando por boca do persoal que traballou alí, fai máis de QUINCE DÍAS que se acabaron, algo que tamén citou o Sr. Alcalde no derradeiro Pleno Ordinario celebrado o venres día 30 de xullo. Algún dos que opinaban sobre o tema, dende a “lonxanía” recibáin información que non era nin veraz nin fidedigna, somentes para intentar xustificar o inxustificable.
Pero ademáis, cando se vai a “guerra” é bó gardar alguna “bala na recámara”, e neste caso, podemos falar, xa que “unha imaxe dí máis que mil palabras” botamos man, dunhas fotografías feitas despois do Pleno, donde se pode comprobar, que as instalacións están en perfecto estado para recibir a calquer peregrino, daquí e dacolá, sin distinguir nacionalidades nin supoñer seu carácter ou forma de ser, como “algunha eminencia” se atreveu a decir sen demostrar nada.
Tamén sabemos, que no día de hoxe, “oh. Maravillas do tempo” está funcionando o ALBERGUE MUNICIPAL sin ningún tipo de problema. Si fora verdade o das obras, ¡¡Que rápido as remataron entre sábado é domingo!! Eficacia 100/100.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, aportamos estas imaxes, das que se pode sacar a conclusión que se queira, pero non se pode permitir, que dende o Grupo Municipal do PSOE, tomen o pobo por tonto.
O problema xurdiu, non hai que esquecer, a raíz de deixar a intemperie a VINTE persoas a entrada do ALBERGUE MUNICIPAL, sin ningún tipo de xustificación, sen alternativa e sin solución por parte de quen tiña a obriga de arranxar o asunto.
A Guarda, a 09.08.2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario