5 de ago. de 2021

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA "A DEIXADEZ E ABANDONO" DO GRUPO DE GOBERNO LOCAL

Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro de CG): "(...) Moita xente, puido ver onte, como a partir da media tarde, vinte peregrinos chegaron as instalacións do albergue municipal, alí, ninguén os recibiu, ainda que fora para decirlles que non podían descansar nin pasala noite polo motivo que fora (...)".



Dúas das fotografías que mostran como pernoctaron os peregrinos aos que se refire o concelleiro do Grupo Municipal de Converxencia Galega

Fotos: Cedidas por CG A Guarda


Infogauda / A Guarda

 Adxuntando varias fotografías que acreditan en que condicións pernoctaron no exterior do albergue municipal de A Guarda, varios peregrinos que están facendo a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa; o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal de Converxencia Galega, fixo público na tarde de hoxe, o seguinte comunicado:

MALA MANEIRA DE PROMOCIONAR A GUARDA

 Dende fai bastante tempo, cada vez está máis na boca dos guardeses, a deixadez e abandono a que nos está acostumbrando o Goberno Municipal do PSOE, rúas sucias, arranxos que se fan esperar meses, problemas de alumeado e outras moitas cousas máis. 

 Agora cando se lles enche a boca falando das “novas instalación do Albergue Municipal”, no día de onte, nos levamos a gran sorpresa, a reinauguración celebrouse deixando “tirados” e nunca mellor dito, un grupo de peregrinos as portas do mesmo. 

 Mentres o noso alcalde énchelle-se a boca falando dos numerosos peregrinos que pasan pola Guarda, do ben que son tratados, como gozan das vistas e da nosa Vila…Por preguntar sobre esas obras e actividades do mesmo, o pasado venres, no Pleno Ordinario, parecía que se estaba ofendendo a perfección divina. Como as mentiras teñen pouco percorrido, vamos a facer a narración do acontecido no día de onte, e logo que cada veciño saque a súa propia conclusión. 

 Entendendo que toda oferta hoteleira esté ocupada a rebosar, non pode dar pé que o Albergue esté pechado na tempada de maior uso anual, xa que a afluencia de peregrinos increméntase de maneira exponencial, pero que ademáis, non se lles atenda e se lles deixe a súa sorte, non é de recibo. 

 Moita xente, puido ver onte, como a partir da media tarde, vinte peregrinos chegaron as instalacións do Albergue Municipal, alí, ninguén os recibiu, ainda que fora para decirlles que non podían descansar nin pasala noite polo motivo que fora. Estiveron sentados no patio, colgaron a roupa dun arame para que ventilara e chegada a noite, tiveron que dormir no chán sobre o formigón e a ceu aberto, baixo un orballo persistente como animais nun cortello, sen uns baños para asearse, sen  ningunha atención das autoridades responsables para solucionar semellante deixadez. En resumen: sen ninguén que axudase e informase.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, tampouco se pode entender, que esa xente haxa sido esquecida polos responsables municipais, non esté aberto o albergue cando xa se remataron as súas obras. Non se entende, salvo por unha ineptitude  vergoñenta.

 Dende o Equipo de Goberno do PSOE, non poden responder que non teñen coñecemento deste feito, xa que recibiron as mesmas fotos que se acompañan neste escrito,  evidente que nada se fixo porque no se lle solucionou un problema que esixe prontitude e xenerosidade. Está claro que A Guarda non vai ser lembrada para ben na boca destes peregrinos que percorreron o Camiño Portugués pola Costa, de iso estou seguro!!! 

A Guarda, a 04 de agosto do 2021    

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA    

1 comentario:

  1. Mensaxe resposta a Fariñas

    Quero clarexar que non é certo o que se comenta neste escrito
    Antón Ferreira recibiu e runiuse cos "peregrinos" sobre as 14.00 horas e púxenme a súa disposición para o que precisasen. Expliqueilles que o albergue estaba pechado por obras e ofrecinme e XESTIONEILLES ALOXAMENTO. Antes dinlle a opción de chegar a algún dos aloxamentos de Oia, ben camiñando ou se estaban moi cansos, coller o bus das 14.20.
    Finalmente, entre outras opcións que manexei, a máis económica que atopei foi o camping: 10 € por peregrino que está sendo, arestora, o prezo de moitos albergues publicos.
    Dixeron que ian pensalo (antes de esto me falaron de "entrar" nun "hotel abandoado". Díxenlle que non hai ningún hotel abandoado, que ese hotel está en venda e ten propietario).
    A sorpresa foi cando, a mañá seguinte, me chama Almudena, responsable da limpeza do albergue: estes "peregrinos"(???) forzaron unha ventá, gastaron ou malgastaron un recipiente de deterxente, deixaron papeis polo chan, utilizaron uns baños que aínda están en proceso de rematar e deixaron as tazas do water feitas, e nunca mellor dito, "unha merda".
    (Quero clarexar aínda máis: estes peregrinos (???) non era o primeiro camiño que facían, saben que para un grupo numeroso é preciso, ou aconsellable, levar un plan feito: posibilidade de aloxamento para 19 persoas -non todos os albergues admiten grupos numerosos- máxime en tempos onde os aloxamentos teñen reducido a súa capacidade polo Covid)
    Non é bo facer política do Camiño, pero menos bo é dar unha información ou queixa infundada.

    ResponderEliminar