O Concello de A Guarda instalou aseos accesibles na Alameda
• Contan cun sistema de limpeza automatizado e con apertura de portas programable.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de poñer en funcionamento na Alameda da vila "uns aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida, dentro do compromiso de mellora dos espazos públicos do municipio", segundo vén de facer público o executivo local que preside o alcalde Antonio Lomba Baz.
Desde o goberno municipal sinalan que "esta nova infraestrutura conta cun sistema de limpeza automatizado despois de cada uso e con apertura de portas programable, ademais de estar construído con material antivandálico. Conta con secador de mans por aire, dispensadores de xabón, espello na zona de lavabo, iluminación LED e está dotado de ventilación forzada.
Estes servizos veñen a cumprir unha promesa do equipo de goberno municipal coa veciñanza guardesa, amplamente reclamada e nun entorno que é necesario contar con este tipo de infraestrutura."
Este novo equipamento realizouse cunha achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario