20 de xul. de 2021

A GUARDA

O libro “Páxinas da Guarda” será presentado na Casa dos Alonso  

O vindeiro xoves día 22 de xullo, ás 20:00h




 Infogauda / A Guarda

 O vindeiro xoves día 22 de xullo ás 20:00h a Casa dos Alonso acollerá a presentación do libro  “Páxinas da Guarda”.  

 A publicación, que foi xestada durante o confinamento, coa idea de recoller a historia de A Guarda e da comarca, recopilando aqueles artigos de Antonio Martínez Vicente, Celso Rodríguez Fariñas e José Ángel Gándara Rodríguez, que se publicaran nos distintos libros de festas de A Guarda e doutros municipios do Baixo Miño; é unha formidable aportación bibliográfica que recolle nun tomo un atractivo contido de temática heteroxénea.

 O proceso de edición comezou coa correspondente selección previa do material, e a continuación os coordinadores de “Páxinas da Guarda” procederon ao escaneado deses artigos publicados ao longo dos anos, para amosalos nesta publicación que está editada pola Asociación InfoMAXE, co patrocinio do Concello de A Guarda.  

 Para asistir ao acto de presentación é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es  

Ningún comentario:

Publicar un comentario