TRANS MIÑO LGTBIQ+ SOLICITA A IMPLANTACIÓN DUN PLAN DE DIVERSIDADE NOS CONCELLOS
· Ese é o eixo da súa nova campaña
Infogauda / A Guarda
A asociación Trans Miño-LGTBIQ+ vai realizar unha nova campaña na que solicita "a implantación dun plan de diversidade nos concellos."
"A iniciativa leva unha serie de accións encamiñadas a formación, cultura, o tratamento das persoas trans, e a creación dun plan de diversidade municipal", dixo a este xornal dixital transfronteirizo, Xermán Cordero Verde, presidente da Asociación Trans Miño e coordinador de Trans Miño-LGTBIQ+.
No eido da cultura solicitan a compra de libros basados en materia de diversidade y de temática LGTBIQ+, para a biblioteca municipal, así coma a dos colexios e instituto. Neste campo demandan a elaboración dun plan cultural baseado na diversidade, onde sexan as propias asociacións quen deseñen coa axuda dos técnicos municipais os programas culturais.
"Sen dúbida a formación é un eixo fundamental, nesta demanda solicitando unha formación en atención a diversidade tanto o personal administrativo, coma a Policía Local dos distintos consistorios. Neste eido dende Trans Miño-LGTBIQ+ estáse preparando a IIª Formación en materia de Diversidade para as Forzas e Corpos de Seguridade", afirmou Xermán Cordero.
"Unha das medidas máis importantes é o plan de municipal de diversidade, (PMD-LGTBIQ+) onde se contemple a posibilidade do cambio de nome en toda a documentación municipal para aquelas persoas trans", concluiu o presidente da Asociación Trans Miño e coordinador de Trans Miño-LGTBIQ+.

Ningún comentario:
Publicar un comentario