“A Guarda Diversa” programa esta fin de semana accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+
• As mesas redondas do venres e do sábado poderán seguirse a través en directo na canle de YouTube do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Silva Uris - responsable do proxecto Transformando Realidades -, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar esta fin de semana, do 9 ao 11 de xullo.
As actividades arrancaron na xornada o pasado día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de YouTube do Concello da Guarda, así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.
A parte central das actividades terán lugar esta fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT", un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Será retransmitida en directo a través da conta de YouTube do Concello da Guarda.
Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acollerá “Piratrans Carabarco”, un obradoiro infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.
Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda "Familias TransOrgullosas", que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Silva Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Será retransmitida en directo a través da conta de YouTube do Concello da Guarda.
Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, ás 12:30 h, a Praza de Avelino Vicente acollerá o espectáculo “Pompa e Boato”, de poesía eléctrica da man do poeta Samuel Merino co acompañamento musical de Fernán Permuy (guitarra). Un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
Venres 9 de xullo: 19.00 – 21.00h
Na praza do Reló "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT". Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Silva Uris.
Será retransmitida en directo pola canle de YouTube, do Concello de A Guarda.
Venres 9 de xullo: 19.00 – 20:30h.
Nas dependencias do Concello da Guarda. Piratrans Carabarco, obradoiro infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.
Sábado 10 de xullo: 12.00 -14:00h
Na praza do Reló. "Familias TransOrgullosas". Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e Soledad Fernández (presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e Moderada por Sara Uris.
Será retransmitida en directo pola canle de YouTube, do Concello de A Guarda.
Domingo 11 de xullo: 12.30h
Na praza de Avelino Vicente. Pompa e Boato con Fernán Permuy. Poesía Eléctrica.
Inscricións no Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda de xeito presencial, xunto ao Xulgado de Paz; no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: muller@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario