Nenos e nenas da Guarda participaron en “A flote en Igualdade”
· Actividade organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de Igualdade do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de Igualdade do Concello de A Guarda organizou unha acción que tivo lugar onte xoves e consistiu nun encontro de nenas e nenos ao redor do xogo para a realización dunha xincana onde descubrir con que elementos a igualdade nos permite estar a flote e de que xeito a desigualdade pode acabar afundíndonos.
Esta actividade na que participaron nenos e nenas de entre 5 e 10 anos realizouse na praia da Ribeira no porto de A Guarda.
Presentouse o xogo dunha xincana cooperativa (non competitiva) onde o traballo conxunto de nenas e nenos axudou a descubrir que para que a sociedade consiga estar a flote necesita da igualdade.
Esta actividade contou con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario