Alumnado do IES A Sangriña participou no obradoiro Enredados
· Foi promovido pola OMIX de A Guarda e impartido pola psicóloga Andrea Iglesias
Alumnado de 2º da ESO do Instituto A Sangriña participou no obradoiro Enredados, impartido pola psicóloga Andrea Iglesias
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O alumnado de 2º da ESO do Instituto A Sangriña participou no obradoiro Enredados, no que se tratou sobre o emprego das TICS (Tecnoloxías da información e a comunicación).
O devandito obradoiro tivo como principais obxectivos previr comportamentos de risco e utilizacións inadecuadas, centrándose nos beneficios e intereses que aportan aos adolescentes, aportando claves para unha navegación segura e sempre en positivo.
A actividade, promovida pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, realizouse os días 26 de maio e 2 de xuño cos grupos de 2º da ESO do Instituto A Sangriña sendo a psicóloga Andrea Iglesias a encargada de impartir e guiar a este grupo de mocidade para abordar esta temática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario