O concello de A Guarda asumirá unha redución do 25% da taxa de lixo para o 2022
• Neste exercicio solicitaron unha redución do 25% da taxa de lixo 82 establecementos da localidade, na súa meirande parte titulares de establecementos de hostalería.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe, que "asumirá unha redución do 25% da taxa de lixo para o 2022".
"O goberno local cumpre así o compromiso de rebaixar a taxa de lixo aos establecementos que se viron afectados pola pandemia do COVID, en concreto a aqueles que tiveron que pechar as portas dos seus establecementos polo confinamento", indican desde o executivo municipal.
De acordo cos datos facilitados polo goberno local "durante este exercicio do 2021 solicitaron este desconto do 25% na taxa do lixo 82 establecementos comerciais, de servizos e hostalería. Destas 82 peticións, 70 foron aceptadas e o recibo de lixo xa se emitiu con esa redución e 12 peticións foron rexeitadas debido fundamentalmente a presentarse fóra de prazo ou non cumprir os requisitos requiridos".
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz anuncia que "no exercicio do 2022 tamén se vai aplicar esta medida para tratar de paliar, na medida das posibilidades do concello, os prexuízos que a pandemia ocasionou na economía local. Esta redución do 25% da taxa do lixo poden solicitala os titulares de actividades económicas, autónomos ou negocios afectados polo peche".
Ningún comentario:
Publicar un comentario