3 de xuño de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda abrirá o vindeiro luns, o prazo de inscricións para o campamento urbano 2021 

 


Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal vén de facer público que do 7 a o 18 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán 2021 no Concello de A Guarda.   

 O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en horario de 9:00 a 14:00h  horas, para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.  

 O campamento vai ter como principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.  

 Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas,…, pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.  

 As bases e solicitude poderanse consultar na web municipal.  

 Para máis información as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX ou chamar ao 986 610 000 ext. 7   

Documentación:

·        Solicitude

·        Solicitude múltiple  

·        Autorización familiares e observacións médicas

Ningún comentario:

Publicar un comentario