13 de maio de 2021

A GUARDA

As praias guardesas de O Forte (Camposancos) e Area Grande contarán un ano máis co distintivo de Bandeira Azul 

• Tamén lle foi concedido o distintivo de Sendeiro Azul a senda litoral que une ambas praias    

• Ademais a praia de O Forte contará co distintivo de Ecopraia 



Neste verán os socorristas voltarán a realizar seu labor nas praias de O Forte e Are Grande
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal vén de facer público que un ano máis - como xa habiamos informado neste xornal dixital transfronteirizo -as praias de O Forte (Camposancos) e Area Grande, do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de Bandeira Azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.  

 A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

 Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.  

 O concello de A Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.  

 Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de Sendero Azul, a Senda Litoral que une ambas praias. Esa senda ten o recoñecemento dende o ano 2013. 

 A finais do pasado ano o Concello de A Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e a senda Litoral conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable. 


Accesos á praia do Forte (Camposancos)
Vista da praia Area Grande

 Ademais a praia de O Forte (Camposancos) contará co distintivo de Ecopraia concedido pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (ATEGRUS). 

 O distintitivo Ecopraia recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area. Por isto, se respecta o delicado ecosistema dunar.   

 O ano pasado a praia non luciu este distintivo porque foi cancelado debido á situación de pandemia. Pero neste verán de 2021 volverá a lucir. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario