As praias galegas obteñen 111 bandeiras azuis e a comunidade suma o maior número de sendeiros galardoados do Estado
· Galicia recibe un total de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis
· A Guarda acadou novamente dúas bandeiras azuis -para ás praias de Area Grande e O Forte (Camposancos), respectivamente - e tamén o recoñecemento do Sendeiro Azul para á Senda Litoral
Infogauda / Galicia
As praias galegas obtiveron este ano un total de 111 bandeiras azuis e, ademais, a Comunidade sitúase á cabeza de todo o Estado en número de sendeiros azuis, con 20. Así, Galicia sitúase entre as autonomías máis galardoadas pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), cun global de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis.
Con 111 bandeiras para as súas praias, catro máis que o ano anterior, a Comunidade acapara preto do 20% das outorgadas en toda España. En total, hai 34 municipios premiados, un máis que na pasada edición, dos cales 12 son da provincia de Pontevedra (58 praias), 14 da Coruña (35 praias) e 8 de Lugo (18 praias). Salienta o feito de que o areal do Lago das Pontes (As Pontes) recibe por primeira vez este galardón.
En canto ás bandeiras para portos deportivos, son un total de 11 (6 en Pontevedra, 6 na Coruña e 1 en Lugo); os centros azuis galardoados son 13 (6 en Pontevedra, 4 na Coruña e 3 en Lugo); e a vintena de sendeiros distribúense entre os 9 de Pontevedra —que en total, ao ser algún unha rede, son 18 rutas—, os 6 da Coruña e os 5 de Lugo.
Nesta edición, Sanxenxo volve repetir o concello tanto de Galicia como do conxunto do Estado con máis bandeiras azuis nas súas praias, con 17, ademais de sumar distincións para tres portos deportivos, unha rede de sendeiros e un centro. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén a cidade de Vigo, que suma 10 areais e unha rede de sendeiros; Cangas do Morrazo (7 praias, un porto e un sendeiro); Marín (5 praias, dous centros e unha rede de sendeiros); Baiona (6 praias e un porto), que nesta edición recupera o distintivo para os areais de Barbeira, Concheira, Os Frades, Ladeira, Ribeira e Santa Marta; e A Guarda (dúas praias - Area Grande e O Forte (Campsoancos) e un sendeiro: Senda Litoral de A Guarda).
Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que máis bandeiras azuis obtén para as súas praias, un total de 7; seguido da cidade da Coruña (5 areais, ademais dun porto e un sendeiro); e Oleiros (5 areais e tamén un sendeiro).
Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz volve ser o concello con máis praias galardoadas, con 5: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás; mentres que Barreiros recupera a bandeira azul para o areal das Pasadas, ademais de continuar con bandeira nas de Acantilado-Remior e Coto.
Criterios de excelencia
O municipio que queira optar a estas distincións debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, unha memoria de actividade, xunto coa súa candidatura, que acredite o mantemento da súa condición en anos sucesivos.
A Xunta felicita a todos os concellos galardoados con estes distintivos polo recoñecemento que supoñen á calidade e aos servizos das súas praias, portos, sendeiros e centros. Así mesmo, tamén cómpre subliñar o esforzo realizado o ano pasado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid, reforzando así a imaxe de Galicia como destino turístico seguro.
Neste sentido, hai que lembrar que debido á pandemia moitos concellos costeiros adoptaron solucións tecnolóxicas ou mesmo contrataron persoal de vixilancia para controlar o aforo nas praias durante o verán, ao tempo que reforzaron as medidas de hixiene e limpeza de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.
A continuación detállanse os galardóns desta edición:
PRAIAS CON BANDEIRA AZUL EN 2021
PROVINCIA DA CORUÑA
14 concellos / 35 areais
A Coruña: As Lapas, Orzán-Matadero, Oza, Riazor, San Amaro,
A Laracha: Caión
Arteixo: A Hucha, A Salsa (Repibelo), Barrañán, Combouzas, O Reiro, Sabón, Valcobo
As Pontes: Lago das Pontes
Bergondo: Gandarío
Camariñas: Arou
Carballo:Pedra do Sal, Razo, Saíñas
Dumbría: O Ézaro,
Ferrol: A Fragata-Pareixal, Doniños, Esmell, San Xurxo
Laxe: Laxe
Miño: Perbes-Andahío
Oleiros: Bastiagueiro, Espiñeiro, Mera, Naval, Santa Cristina
Ponteceso A Ermida, Balarés, O Osmo
Ribeira: Coroso
PROVINCIA DE LUGO
8 concellos / 18 areais
Barreiros: Acantilado-Remior, Coto, As Pasadas
Burela: A Marosa, O Portelo, Ril
Cervo: O Torno
Foz: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas, Peizás O Vicedo: Abrela, Xilloi,
Ribadeo: As Catedrais, Os Castros-Illas
Viveiro: Area
Xove: Esteiro
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
12 concellos / 58 areais
A Guarda: Area Grande e O Forte (Camposancos)
Illa de Arousa: Area do Secada, Bao (Camaxe)
Baiona: Barbeira, Concheira, Frades, Ladeira, Ribeira, Santa Marta
Bueu: Area de Bon, Lagos, Lapamán, Portomaior
Cangas: Areabrava, Areamilla, Liméns, Melide, Menduíña, Nerga, Rodeira
Marín: Aguete, Loira, Mogor, Portocelo, Santo do Mar-A Coviña
Moaña: O Con
Poio: Cabeceira
Ponte Caldelas; A Calzada
Sanxenxo: A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira, Silgar
Vigo: A Punta, Argazada, Canido, Carril, Fontaíña, Fortiñón, O Vao, Rodas (Illas Cíes), Samil, Tombo do Gato
Vilagarcía de Arousa: Campanario, Compostela
PORTOS CON BANDEIRA AZUL EN 2021
A Coruña: A Coruña Real Clube Náutico, A Coruña-Marina Real
Boiro: Clube Náutico Boiro-Marina, Cabo de Cruz Sada: Clube Náutico Sada, Porto Deportivo Sadamar
Porto do Son: Real Clube Náutico de Portosín
Lugo: Real Clube Náutico de Ribadeo
Pontevedra: Monte Real Club de Yates de Baiona, Porto Deportivo Cangas, Real Clube Náutico Sanxenxo, Clube Náutico Portonovo de Sanxenxo Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo
SENDEIROS AZUIS EN 2021
*Cada rede de sendeiros contabiliza como un único sendeiro azul.
A Coruña
A Coruña: A Coruña Senda Azul Litoral A Coruña A Laracha: Sendeiro de Saldoiro
Arteixo: Senda Azul de Arteixo
Camariñas: Ruta Litoral de Camariñas
Carballo: Senda do Mar Razo-Baldaio
Oleiros: Costa Libre
Lugo
Burela: Ruta do Litoral Burelés
Cervo Sendeiro Azul do Torno
Foz: Paseo Rutas das Praias de Foz
O Vicedo: Abrela-Punta Socastro (Fuciño do Porco) Ribadeo: Ruta do Faro de Illa Pancha a As Aceas
Pontevedra
A Guarda: Senda Litoral da Guarda
A Illa de Arousa: Senda Perimetral Bao-Xastela Baiona: Sendeiro Litoral de Baiona
Bueu: Sendeiro de Cabo Udra
Cangas: Roteiro de Donón
Marín: Rede Sendeiros Azuis de Marín* (Ruta Montes e Praias, Ruta das Praias e Ruta dos Cinco Miradoiros)
Ponte Caldelas: Sendeiro do Río Verdugo
Sanxenxo: Rede de Sendeiros de Sanxenxo* (Sendeiro Litoral Areas-Punta Festiñazo, Sendeiro Litoral Canelas-Punta Cabicastro, Sendeiro Litoral Montalvo-Major, Sendeiro Litoral Paxariñas-Montalvo, Sendeiro Máxico da Lanzada e Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo)
Vigo: Rede de Sendeiros de Vigo* Senda de Ribeira e Litoral Camiño á Beiramar; Senda Entre Faros. Illas Cíes-Vigo; Senda Litoral e do Monte da Guía. Teis)
CENTROS AZUIS EN 2021
A Coruña
Oleiros: Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
A Laracha: Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar
Camariñas: Museo Man de Camelle
Lugo
Burela: Centro de Educación Medioambiental Gaia, Barco Museo Reina del Carmen
Cervo: Carpintería de Ribeira Francisco Fra
Pontevedra
Bueu: Aula de Natureza Cabo Udra, Centro de Interpretación Agrelo
Sanxenxo: Centro de Interpretación As Telleiras
A Illa de Arousa: Centro de Interpretación da Conserva
Marín; Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor , Ateneo Santa Cecilia
Ningún comentario:
Publicar un comentario