13 de abr. de 2021

SALCIDOS (A GUARDA)

O Concello de A Guarda vai recuperar a fonte lavadoiro de Xixoia 

As obras realizaranse con cargo a unha axuda para rehabilitar e sinalizar patrimonio histórico cultural da Deputación de Pontevedra 


Fonte-lavadoiro de Xixoia - Foto: C.A.G.

Infogauda / Salcidos (A Guarda)

 O Concello de A Guarda acometerá proximamente traballos de rehabilitación e sinalización da fonte lavadoiro de Xixoia, sita preto da rúa Diego Antonio González, na estrada PO-552, parroquia de Salcidos, "para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila". 

 Desde o equipo de goberno municipal salientan  que "a posta en valor dos elementos etnográficos como é o caso, é unha obriga mais que unha necesidade. A xustificación non pasa pola súa necesidade intrínseca". 

 O lavadeiro de Xixoia, datado no ano 1.913, segundo consta na praca de mármore branco no frontispicio da cuberta, foi rehabilitado nos anos 90 do pasado século, a través do persoal da escola obradoiro, renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal de dita cubrición, que na actualidade precisa de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos. 

 "As actuacións a levar a cabo no lavadoiro da Xixoia, pasan - segundo indican desde o executivo local - por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizarase dun xeito manual. 

 Para os elementos de madeira se procederá á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira".

 Desde este xornal dixital transfronteirizo saudamos á previsión do goberno municipal respecto a fonte-lavadoiro de Xixoia.

 Artigo relacionado, publicado en Infogauda en data 22.01.2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario