14 de abr. de 2021

PONTEVEDRA

En total, as Forzas e Corpos de Seguridade realizaron 1.661 inspeccións en  establecementos hostaleiros 

A Policía Nacional, a Policía Adscrita e a Garda Civil  realizaron 1.852 controis na provincia durante os  últimos sete días  

· A subdelegada do Goberno presidiu esta mañá a xuntanza do Centro de  Coordinación Operativa (CECOR) na que se fixo balance das accións de  control e prevención levadas a cabo polas Forzas e Corpos de  Seguridade na provincia. Larriba destacou o alto cumprimento das  normas no ámbito da hostalaría.  


A subdelegada do Goberno en Pontevedra,  Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro  de Coordinación (CECOR) provincial - Foto: S.G.


Infogauda / Pontevedra

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra,  Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro  de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos  dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Ao encontro  asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón  Venzal; o comisario xefe accidental da Comisaría de Vigo-Redondela, Juan  José Díaz; o comisario provincial accidental de Pontevedra, Camilo Loureiro; o  inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González; a inspectora xefa UPA-Vigo, Sheila González; e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e  Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro. 

 Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade fixeron balance das  actuacións levadas a cabo durante os últimos catorce días para vixiar o  cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia. En total, do 7 ao  13 de abril, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Unidade de Policía  Adscrita levaron a cabo 1.852 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 1.809 axentes, se identificaron a 5.845 persoas, se  controlaron 3.514 vehículos e se elevaron 211 propostas de sanción. Ademais, as autoridades policiais levaron a cabo 1.661 inspeccións en  establecementos hostaleiros da provincia, onde interpuxeron 37 sancións. 

 No que respecta á Garda Civil, este corpo realizou durante os últimos catorce días 1.661 controis nos que participaron 1.119 efectivos. Nestes operativos 4.742 persoas foron identificadas, 3.352 vehículos foron controlados e 38 persoas foron sancionadas. En particular, no ámbito da hostalaría, a Garda Civil  realizou 1.376 controis e interpuxo 29 sancións. 

 Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 123 controis na provincia que  contaron coa participación de 565 axentes. Nestes dispositivos foron  identificadas un total de 1.024 persoas e 158 vehículos, 5 persoas foron detidas  e se elevaron 165 propostas de sanción. Na hostalaría, a Policía Nacional  realizou 193 controis e interpuxo 8 sancións. 

 Por último, a Unidade de Policía Adscrita de Galicia organizou 68 dispositivos  nos que identificou a 79 persoas, controlou 4 vehículos e interpuxo 8 propostas  de sanción. Nestes dispositivos participaron 125 axentes autonómicos. No  ámbito da hostalaría, este corpo levou a cabo 92 inspeccións en  establecementos nas que non se produciu ningunha denuncia.  

 A subdelegada do Goberno salientou que as cifras de sancións, as máis baixas  dos últimos meses, evidencian “un seguimento exemplar das normas por parte cidadanía de Pontevedra”. Neste sentido, Larriba destacou o alto cumprimento  da normativa no ámbito da hostalaría, onde apenas se rexistraron infraccións.  Así mesmo, a subdelegada avanzou que, unha semana máis, os corpos de  seguridade darán continuidade ás actuais campañas de información e  supervisión das restricións vinculadas á COVID-19. 

 Finalmente, Larriba lembrou que o único concello da provincia que se mantén no  nivel alto de restricións decretado pola Xunta de Galicia é O Grove. A  subdelegada recordou á cidadanía que “este concello permanece pechado  perimetralmente, polo que queda prohibida a entrada e saída do municipio ás  persoas non residentes, salvo nos casos que contempla a normativa vixente”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario