O Concello de A Guarda mellora a seguridade vial co repintado horizontal en varias rúas do municipio
• Dende fai uns días operarios da empresa adxudicataria encárganse da realización do repintado da sinalización horizontal en diferentes rúas e espazos do municipio.
• Destaca a actuación na Rúa Baiona, onde se cambiou o aparcamento lateral para favorecer o tránsito de vehículos de grandes dimensións coma camións ou autobuses.
Infogauda / A Guarda
O equipo de goberno do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que "dentro das accións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos, vén de adxudicar e iniciar os traballos de repintado da sinalización horizontal en determinadas rúas e cruces concretos da localidade".
"Neste senso - indican desde Praza do Reló, nº 1 - se teñen repintado numerosos pasos de peóns do casco urbano, así coma novos paso de peóns na Pasaxe (Camposancos).
Destaca a actuación feita na rúa Baiona, onde se se cambiou o aparcamento lateral para favorecer o tránsito de vehículos de grandes dimensións coma camións ou autobuses".
Ningún comentario:
Publicar un comentario