A CIG CONVOCA UNHA NOVA MOBILIZACIÓN "PARA REXEITAR A REPRESIÓN SINDICAL EN DEPÓSITOS COBALLES"
Será este venres día 9 de abril, ás 11:30 horas, diante de Ferretería Coballes (rúa de Galicia, 56 - A Guarda)
A imaxe corresponde á manifestación desenvolvida o pasado 18 de marzo por delegadas/os da CIG diante das instalacións da empresa Depósitos Coballes - Foto: CIGInfogauda / A Guarda
A Unión Comarcal da CIG de Vigo vén de facer público que convoca "unha nova mobilización para rexeitar a represión sindical que se vive na empresa Depósitos Coballes do Rosal e o acoso laboral ao que está sometido o persoal que apoiou a central nas eleccións sindicais ou que é membro do comité. Tras a manifestación celebrada o pasado 18 de marzo, nesta ocasión desenvolverá unha concentración diante da Ferretería Coballes da Guarda, e non descarta medidas máis contundentes como unha folga para facerlle fronte á actitude da dirección, que mesmo despediu o traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso do proceso electoral".
Nota da Redacción:
Ás 20:19 horas, deste xoves día 8 de abril recibimos da CIG a seguinte comunicación:
"A concentración diante da Ferretería Coballes (rúa Galicia, 56. A Guarda) para denunciar a represión sindical na empresa Depósitos Coballes do Rosal terá lugar este venres día 9 ás 11:30 horas, non hoxe como por erro se informaba na convocatoria enviada onte.
Desculpade as molestias.
Un saúdo."
Ningún comentario:
Publicar un comentario