22 de abr. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda proponse impulsar o proxecto “Trega 2020+5”

· Coa colaboración e financiamento do Padroado Municipal Monte Santa Trega e das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda e de Camposancos 


Vista parcial do sector Calvo, do megapoboado castrexo do monte Santa Trega (A Guarda) 
Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Desde fai máis de un século, a vila de Guarda vén sendo un dos lugares máis visitados de Galicia. Ese feito incuestionable, é froito -en grande medida - do labor desenvolvido pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, que se propuxo - entre outros fins fundacionais - facilitar o acceso dos visitantes ao monte Santa Trega, así como varias campañas arqueolóxicas, creación do museo - inicialmente ubicado no centro da vila -, posta en valor dese enclave que viu a contribuir a un crecente desenvolvemento turístico, entre outras destacadas actuacións, desde súa fundación ata 1979. 

 O monte Santa Trega é en sí mesmo, todo un agasallo da Natureza. Tan soio polas súas características xeolóxicas e pola súa privilexiada ubicación, verdadeira atalaia natural sobre o río Miño, seu esteiro e súa foz, e a engaiolante paisaxe que nos ofrece unha visión de 360º sobre o oceáno Atlántico, as vilas da ribeira lusa, o val do Rosal, o monte Torroso, e o pobo de A Guarda co seu porto pesqueiro, seu barrio de pescadores, súa vila e as parroquias que a complementan, xa é merecente de ser visitado en calquer época. 

 Máis o monte Santa Trega ofrece ainda máis atractivos. Seu megapoboado castrexo con museo arqueolóxico in situ, súas vías sacras, a ermida adicada a mártir de Iconio, e dous establecementos hostaleiros ubicados no Pico de San Francisco, convidan a gozar visitando esa xoia de lugar, cobizada desde tempos prehistóricos.

 Conscente da súa importancia, o concello de A Guarda propiciou o proxecto “Trega 2020+5” concebido para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do monte Santa Trega a través dunha actuación integral. Así ese proxecto desenvólverase en torno a tres eixos: recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930;  manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público; e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa  finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.   

 A importancia do citado proxecto, que conta coa colaboración e financiamento do Padroado Municipal Monte Trega e a colaboración das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común das parroquias de A Guarda e de Camposancos, respectivamente,f ixo que o alcalde da localidade e presidente do devandito Padroado, Antonio Lomba Baz, activase o inicio deste proxecto neste mesmo ano, a pesar de non contar con resposta por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia á invitación de colaboración no mesmo.  

 

O lintel da porta norte será restituído a súa primixenia ubicación na muralla defensiva do poboado do monte Santa Trega 


O debuxo amosa como quedará o lintel unha vez restituído no seu emprazamento primixenio 

Fonte: P.M.M.S.T.

 Deste xeito, tramitouse unha modificación do orzamento do Padroado para que sexa posible acometer a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo. Esta actuación permitirá seguir pondo en valor o xacemento castrexo cun elemento que aportará unha maior comprensión do recinto. Esta  será a primeira das moitas inversións que se esperan, para o que constitúe, segundo os expertos nesta materia, o maior xacemento castrexo de todo o noroeste peninsular.     

 Xunto con esta actuación se procedeu tamén a dotar consignación para a redacción do proxecto de reforma dos aseos no cume no monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario