O Parque Forestal de Camposancos contribúe a pór en valor o monte Santa Trega e a eliminación de especies invasoras
• Esta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000€
O alcalde de A Guarda e a concelleira do Medio Ambiente, co presidente e o tesoureiro da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos no momento da visita ao Monte Santa Trega - Fotos: C.A.G.
A beleza da paisaxe que se divisa desde o Monte Santa Trega é verdadeiramente espectacular
Infogauda / Camposancos
Porque o traballo ben feito merece que sexa coñecido por todos, autoridades, veciños e visitantes, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Medio Ambiente, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; técnicos de Medio Ambiente municipais e representantes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, visitaron esta semana o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal en terreos da citada comunidade no Monte de Santa Trega.
Este proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais.
As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a conquerir unha maior biodiversidade, e incentivar o valor paisaxístico intrínseco axeitado ca súa gran importancia patrimonial. E fundamentalmente, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superficie total de 77,67 hectáreas. A súa vez os comuneiros de Camposancos traballaron na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación alóctona (que non é orixinaria do noso país).
Todas ás actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fixo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración.
Esta formidable actuación medioambiental realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario