18 de mar. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda realiza melloras no parque infantil do Porto 

• O alcalde e o concelleiro de Vías e Obras realizaron unha visita  para revisar o estado das tarefas, que aínda están por rematar 

 



Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero, visitaron a zona portuaria para revisar o estado das tarefas de adecentamento e mellora do parque infantil. 

 Desde o equipo de goberno local indican que "no parque infantil do Porto da Guarda se están levando a cabo diversas tarefas coma a reposición e pintado da pérgola de madeira, reposición de area na zona de elementos de xogo, así coma o pintado e revisión destes elementos. 

 Estas tarefas, que aínda están sen concluír, inclúen tamén a posta en funcionamento da fonte de auga sita neste espazo de lecer e ocio infantil. 

 O Concello da Guarda continúa a embelecer e mellorar diferentes espazos públicos do municipio".

Ningún comentario:

Publicar un comentario