A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU UN NOVO NÚMERO DA REVISTA "CARRIZAL"
Correspondente a xaneiro e febreiro de 2021
Portada da revista "Carrizal", correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2021
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Novamente vimos de recibir de mans de Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), a revista "Carrizal". Nesta ocasión, o nº 5 (Época II), correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2021.
Impresa en papel reciclado, a revista leva na súa portada unha fermosa imaxe de dous exemplares de Dactylorhiza maculata, da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal).
Como noutros números precedentes, a publicación informa da composición da xunta directiva de ANABAM, así como do equipo responsable da mesma (director-coordinador, consello editorial e entidade editora), ademáis do enderezo social da asociación e formas de contacto.
Tamén figuran os importes das cotas dos asociado, e información sobor do xeito de solicitar a alta como socio.
En calquer caso, queremos salientar que no contido da revista "Carrizal", o lectorado vai atopar, debidamente ilustrados, con fotografías a toda cor, os seguintes artigos.
· A vivenda castrexa e os elementos que a conforman, de Antón Ferreira Lorenzo.
· Interpretación da costa sur guardesa e a súa relación coas pías salineiras, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Urces e carrascos da Serra da Groba, de Alfonso S. Rodríguez Salgado.
· Ladras no Baixo Miño, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Odonatos africanos no Baixo Miño. Cal será o seguinte?, de César Ayres.
· Escaravellos do Baixo Miño, de Javier Blanco Souto.
· Cooperativa O Alcouve da Mora. Cooperativa O Alcouve da Mora.
· Trametes versicolor, de Nerea Cazás Fraga.
· Rescate dun teixugo no Rosal, de Vanessa Alonso Gándara.
· Actividade para soci@s: de cogomelos polo Baixo Miño.
· Parcela doada a ANABAM.
· Subvención do concello guardés a ANABAM.
· Proxecto fototrampeo.
· Fauna rescatada.
· Nomes populares de Motacilla alba.
· Emilio Rolán Mosquera.
"Carrizal", tamén informa que as persoas interesadas en publicar artigos nesa revista poden dirixirse a ANABAM por correo electrónico ou por mensaxe de Whatsapp, e que as normas para a publicación aparecen na páxina web da entidade medioambientalista, no apartado "divulgación publicacións".
Asemade tamén figuran as actividades previstas nos meses de xaneiro e febreiro.
Dese xeito, a revista "Carrizal", que edita ANABAM, continúa sendo unha publicación de referencia, no que respecta a observación, defensa, protección, estudo e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galaico-portugués. Un labor tan amplo, heteroxéneo e apaixoante, no que todos os brazos son benvidos e onde o esforzo de cada persoa, sumado a sinerxía do colectivo, ten súa recompensa directa no propio medio ambiente natural, na socialización e mesmo na cultura.
Longa vida aos activos membros de ANABAM e bo vento en todas súas iniciativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario