15 de xan. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda reclama ás administracións fondos de urxencia para paliar o impacto económico negativo da pandemia 

•    A xunta de portavoces reuniuse esta mañá na Casa do Concello


 Infogauda / A Guarda

 Na xornada deste venres día 15 de xaneiro de 2021 celebrouse no Concello de A Guarda unha reunión de portavoces para valorar as novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta e o seu impacto económico, sobre todo no sector da hostalería. Na xuntanza, os portavoces concluíron que a situación, tralas medidas acordadas pola Xunta de Galicia, supón un grave prexuízo económico para un sector de gran importancia para a localidade.  

 Dese xeito, os grupos da Corporación Municipal acordaron reclamar a todas as administracións, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Goberno Central, que tomen medidas de urxencia e habiliten fondos para compensar o impacto negativo das medidas sanitarias que se están adoptando. 

 Do mesmo xeito, a Corporación traslada á Xunta de Galicia a necesidade de que Portos de Galicia non cobre as terrazas da súa competencia mentres duren as limitacións de aforos. A determinación de non cobrar as terrazas foi unha das medidas de carácter económico que adoptou o concello dende o inicio da pandemia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario