14 de dec. de 2020

TUI

O barrio da Torre, en Paramos, convértese nun exemplo de modernidade residencial no rural coas obras financiadas pola Deputación de Pontevedra 

Carmela Silva comprobou o "cambio radical dunha actuación imprescindible" trala explosión da pirotécnica clandestina hai dous anos e fai unha lembranza "ás persoas que tanto sufriron e especialmente ás dúas falecidas, ás que nunca esqueceremos"

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou o barrio acompañada do alcalde, Enrique Cabaleiro, así como o deputado Gregorio Agís e membros da Corporación local

 

Infogauda / Paramos (Tui) 

 O núcleo rural da Torre, na parroquia tudense de Paramos, que en maio de 2018 sufriu os devastadores efectos da explosión dun almacén pirotécnico clandestino, deu un cambio radical coas obras do Plan de Mellora da Seguridade Viaria en Vías Municipais (DepoRemse), cun investimento de 370.000 euros. O que antes era un espazo rural desestruturado e carente de servizos reconvértese agora, despois das obras financiadas pola Deputación de Pontevedra, nunha contorna dotada de modernos servizos e dotacións urbanísticas.  

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou o barrio acompañada do alcalde, Enrique Cabaleiro, así como o deputado Gregorio Agís e membros da Corporación local para comprobar os resultados dunha "actuación que era imprescindible". Na visita participaron tamén representantes da empresa construtora Sodein Soluciones Inteligentes e algúns veciños e veciñas, que tiveron ocasión de comprobar o resultado dunhas obras que supoñen unha completa transformación e reurbanización da Torre, pois inclúen a renovación completa e soterramento de tódolos servizos e a creación dunha plataforma única de convivencia, sen barreiras arquitectónicas e con prioridade peonil.  

 Silva fixo unha lembranza explícita ao sufrimento causado por aquel tráxico suceso rememorando "ás persoas que tanto sufriron naquel día e, moi especialmente, ás dúas persoas falecidas, ás que nunca esqueceremos". A presidenta expresou a súa satisfacción polos resultados da obra "que engade valor a este núcleo rural" e polo feito de que, "finalmente, puidéramos dar resposta ás necesidades  urbanísticas deste barrio". Un traballo que quixo agradecer aos técnicos provinciais e municipais, así como á empresa  construtora. "Todo iso permite que hoxe aquí haxa servizos de calidade e do século XXI".  

 O alcalde, Enrique Cabaleiro subliñou que este 14 de decembro é un día de gratitude cara á Deputación, pero tamén ao persoal técnico "que dedicou moitas horas" e á empresa e ao o seu encargado. Un recoñecemento que estendeu "a todas as persoas que fixeron posible que dous anos despois da explosión, o barrio volva recobrar vida e estea agora nunhas condicións magníficas, converténdose nun pobo atractivo para vivir". Cabaleiro aproveitou a ocasión para destacar o valor da cooperación e a lealdade institucional "porque cando as Administracións colaboran o resultado, como vemos, é magnífico". O primeiro edil tampouco quixo esquecer ao anterior equipo de goberno municipal "ao que lle tocou  vivir momentos realmente difíciles".  

Máis de 9.000 metros cadrados transformados, onde as instalacións que non se ven son máis importantes que o que queda á vista  

 A obra da Torre ten como singularidade que supón a replanificación completa de todo un núcleo rural, dotándoo de servizos de última xeración, completamente soterrados, e dando así un importante salto cualitativo na mellora da calidade de vida dos seus habitantes. A obra abrangue máis de 9.000 metros cadrados de superficie transformada e ordena definitivamente un núcleo que creceu no pasado á marxe da planificación pública. Ademais vai moito máis alá da simple reparación dos danos causados pola deflagración de 2018 porque renova completamente, baixo superficie, a totalidade dos servizos, proporcionando unhas prestacións equivalentes aos dun espazo urbano. Deste xeito renováronse as canalizacións de alumeado público, saneamento, abastecemento de auga e recollida de pluviais, a rede de subministro eléctrico e de telefonía, incorporando tamén as de datos para proporcionar acceso á Internet.  

 O tratamento da superficie, cun destacado resultado estético, resolveuse cun moderno proxecto de calmado de tráfico sobre plataforma única, dando prioridade aos peóns, así como ás circulacións de persoas con mobilidade reducida nunha contorna cun alto índice de avellentamento, e ás/aos ciclistas. Diante da eliminación de todo tipo de barreira arquitectónica, a velocidade de circulación queda limitada a 30 Km/h, con sinalización vertical e horizontal, así como coa instalación de varios elementos redutores na calzada. Diante do estreito de moitos dos viais de A Torre (a maioría deles de só 3 metros) creáronse ampliacións de ata 6 metros onde había terreos dispoñibles.

O ROSAL

Visita a mostra do Xabarín Club e deixa a túa sinatura para unha canle infantil e xuvenil en galego 24 horas  

Aberta ata o mes de xaneiro no Salón de Exposicións todos os martes de 17 a 19 h e os días que haxa actividade programada nas instalacións  

Podes deixar a túa sinatura tamén polas mañás nas dependencias do propio Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas

  


 

Infogauda / O Rosal

 O Salón de Exposicións acolle ata o vindeiro mes de xaneiro a mostra ‘Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG’, unha exposición creada polo alumnado do CEIP A Guía de Moaña ao abeiro da campaña da Mesa pola Normalización Lingüística para poñer en marcha unha proposición parlamentaria por iniciativa popular coa que conseguir unha canle con programación dirixida ao público infantil e xuvenil que garante unha canle en galego con contidos atractivos, de éxito actuais e pasados, educativos e de produción galega.  

 A mostra estará aberta ao público todos os martes de 17.00 a 19.00 horas, así como todos os días nos que haxa programada algunha actividade no Salón de Exposicións, permanecendo dispoñible dende media hora antes de comezar a actividade ata media hora despois de rematar. 

 Ademais de desfrutar da exposición durante a visita as persoas interesadas tamén poderán deixar a súa sinatura para respaldar a iniciativa e levar a proposición ao parlamento. Tamén se poderá asinar polas mañás achegándose ás dependencias do propio Concello en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O ROSAL

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos virá en xaneiro ao Rosal

Estará o día 20 no Pavillón Municipal para a revisión de ciclomotores  

 

Infogauda / O Rosal

 A unidade móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ao concello do Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión de ciclomotores. Esta unidade estará o mércores día 20 de xaneiro no Pavillón Municipal e o horario de atención ao público será de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. 

 As persoas interesadas poden solicitar cita previa: 

•    Por teléfono: 902 30 90 00. 

•    A través da páxina web www.sycitv.com - Cita previa 

 Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.

TOMIÑO

Composición do xurado do concurso á mellor decoración da “Ruta Nadal + Nadal”  

 


Infogauda / Tomiño

 De acordo co establecido na base 6ª das bases da Campaña “Ruta Nadal + Nadal”, os compoñentes do xurado designados para os premios á mellor decoración de escaparates ou locais son:     

En representación do Concello de Tomiño:      

Francisco Campo Lago, concelleiro de Promoción Económica, Cmercio e Deportes.     

En representación do comercio local:      

Cintia Gabriela Díaz Cutuli, presidenta de ADETO, propietaria de Juguetería Turuleka     

Iago Pérez Rodríguez, secretario de ADETO, propietario de Consulvin, Consultores vitivinícolas     

Como artistas locais:      

A pintora, Pilar Pérez Fernández (Pilar Alonso)     

A fotógrafa, Mª Pilar Alonso Reñones (Pili Reñones)

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra aproba novos investimentos por 1 millón de euros para seis municipios ao abeiro do Plan Concellos  

As achegas beneficiarán a Lalín, A Estrada, A Lama, O Grove, A Illa de Arousa e Tui e irán destinadas a melloras nas infraestruturas e equipamentos municipais 

 

                              Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra

 

Infogauda / Pontevedra 

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas ao abeiro do Plan Concellos 2020 por importe dun millón de euros e que beneficiarán aos municipios da Estrada, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama e Tui. Estas axudas permitiranlles a estes concellos abordar diversos investimentos relacionados coa mellora dos servizos, infraestruturas e equipamentos municipais.  

 Deste xeito, A Estrada recibirá unha axuda de 68.247€, para o financiamento da construción de dous aparcadoiros na Baiuca, a carón da nova Escola Infantil e o Centro de Saúde. Un deles executarase entre a Escola Infantil e a avenida de Pontevedra e contará cun total de 24 prazas, cunha superficie de 960 metros cadrados. Este estacionamento gardará unha estética en consonancia co do novo Centro de Saúde e realizarase en pavimento de formigón, unha xardineira central con árbores de sombra e recollida de pluviais. O segundo aparcadoiro habilitarase entre a avenida da Torre e o viario de servizos de nova apertura, con pavimento de zahorra, cunha superficie de 3.130 metros cadrados e capacidade para 140 vehículos.  

 No caso do Grove, percibirá unha achega de 179.263 euros, correspondente á aportación municipal ao convenio de colaboración para a execución do proxecto do Auditorio e a Escola de Música, destinado a traballos para a seguridade estrutural da cuberta transitable, que inclúe a redimensión dos petos baixo os criterios de deseño para barreiras de protección. Axustarase tamén o método de plantación, así como acondicionamento de iluminación e mobiliario e a estabilización de noiros para a execución da obra.    

 Pola súa banda, A Illa de Arousa conta cunha achega de 98.463,60 euros coa que poderá financiar a reposición da senda do Bao, así como o acondicionamento da franxa de terra entre o carril bici e o aparcadoiro. O paseo rehabilitarase coa retirada da pasarela de madeira, cuxo estado actual non ofrece a seguridade suficiente para o seu uso e a súa substitución con aporte de xabre e bordos de madeira. O proxecto contempla tamén o establecemento de baixadas á praia e a nivelación do terreo para igualar as rasantes do paseo.  

 No que atinxe ao Concello de Lalín, recibirá 160.000 euros que destinará á rede de saneamento nos núcleos de Belelle e Celemín. Máis polo miúdo, o obxecto do proxecto é dotar ao núcleo de Belelle dunha rede conectada á existente en Celemín, obra que beneficiará a un total de 22 vivendas, así como o a mellora da rede de augas pluviais en Celemín. Esta atópase actualmente en mal estado, o que provoca un exceso de auga en épocas de chuvias polas rúas deste núcleo  

 Doutra banda, A Lama conta cunha axuda de 180.000 euros con destino ao financiamento do acondicionamento e ampliación do edificio do Concello. Estas obras permitirán ampliar o inmoble, coa previsión da dotación de novos postos de traballo, así como a redistribución dos actuais espazos, dotándoo de novas salas de espera para que a veciñanza non teña que agardar no vestíbulo principal para ser atendida. Así mesmo, o proxecto contempla o acondicionamento do edificio, especialmente para o cumprimento da normativa de accesibilidade, coa dotación de aseos adaptados e un ascensor, que facilite á veciñanza o acceso á primeira planta do inmoble. Os traballos completaranse coa mellora da eficiencia enerxética, coa instalación dunha nova iluminación led e a mellora da envolvente exterior do edificio.  

 A última achega por importe de 357.858 euros está destinada ao Concello de Tui para acometer a construción dunha glorieta no ramal de enlace da estrada N-550 coa A-55 en Guillarei. Esta obra pretende mellorar a seguridade viaria nas conexións do tráfico co citado ramal da autovía e co núcleo de Sobredo desde a estrada nacional, así como garantir a seguridade das e dos peóns. Hai que ter en conta que esta intersección ten unha grande afluencia de tráfico ao tratarse dun punto onde concorre principalmente circulación en sentido norte-sur e cara onde se desvían, tanto tráfico lixeiro como pesado para incorporarse á autovía. A maiores, o estado do firme é inadecuado en diferentes zonas. Deste xeito, procederase á mellora da capa de rodadura en toda a superficie coa renovación do firme e coa nova glorieta, así como coas conexións coas vías adxacentes. Amais, ampliaranse e melloraranse as beirarrúas existentes, e acometerase a renovación e proxección da sinalización horizontal e vertical da intersección. Tamén se proxectan novas luminarias para mellorar a seguridade.  

 

ARCOS DE VALDEVEZ

Jovens agricultores que invistam em Arcos de Valdevez 

Podem concorrer a apoio de 10 milhões de euros para instalação e exploração agrícola  

 


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez informa que estão a decorrer, até 20 de janeiro de 2021, as candidaturas a apoios à instalação de jovens agricultores em territórios de baixa densidade, através de um prémio à primeira instalação e apoio ao respetivo investimento na exploração agrícola. 

 O Ministério da Agricultura está a promover a instalação de jovens em territórios de baixa densidade, através de incentivos ao investimento na exploração agrícola, medida que integra o Programa de Desenvolvimento Rural (PDR) 2020. Este programa destina-se a jovens agricultores, com idades entre os 18 e os 40 anos, que se instalem pela primeira vez numa exploração agrícola em concelhos de baixa densidade, nos quais se insere o concelho de Arcos de Valdevez.  

 Os apoios têm uma dotação de 10 milhões de euros, estando 2 milhões de euros alocados ao programa “Jovens Agricultores”, destinado à atribuição de prémio à instalação, e 8 milhões de euros para apoiar o respetivo investimento na exploração agrícola. As medidas são complementares, e implicam uma candidatura conjunta. 

 Para o Município a criação destes incentivos promove a fixação e a atração de jovens, a criação de riqueza e de emprego, contribuindo para que Arcos de Valdevez seja mais atrativo para viver e investir. 

CULTURA

PREMIO INTERNACIONAL DE LITERATURAS AFRICANAS “JUSTO BOLEKIA BOLEKÁ” 2020 

El jurado de esta cuarta convocatoria del premio, concedió por unanimidad este galardón a D. Narcisse Fomekong, por su libro Antología de voces camerunesas de expresión española: entre oralidad y lirismo.   

                       


 
  

 El Premio Internacional de Literaturas Africanas “Justo Bolekia Boleká” se crea en 2017 por el Grupo Editorial Sial Pigmalión, coincidiendo con el vigésimo aniversario de la fundación del grupo, para premiar a autores africanos o afrodescendientes de todo el mundo que hayan destacado como poetas, narradores, ensayistas, hispanistas o traductores.     

 Un jurado prestigioso propondrá cada año a autores afro que se hayan distinguido en diferentes géneros literarios, y otorgará este galardón, que reivindica la figura del profesor universitario, académico y escritor hispanoafricano, Justo Bolekia Boleká, natural de Guinea Ecuatorial y residente en España, uno de los escritores africanos actuales más prestigiosos y reconocidos internacionalmente.     

 La obra premiada se publicará en la colección “Casa de África” y se presentará en la Feria del Libro de Madrid así como en importantes eventos literarios en África y América.     

 En la primera convocatoria del premio se reconoció la obra del escritor y periodista afrocolombiano Medardo Arias Satizábal, en 2018 a la escritora guineoecuatoriana Trifonia Melibea Obono y en 2019 a la escritora africana afincada en España Ángela Nzambi.     

 El jurado de esta cuarta convocatoria del premio ha estado presidido por Justo Bolekia Boleká y formado por Rosemary Clark, Ridha Mami, Fabio Martínez, Gloria Nistal Rosique, José María Paz Gago, Basilio Rodríguez Cañada, Maïmouna Sankhé, José Ramón Trujillo Martínez y Francisco Zamora Loboch, concediendo por unanimidad este galardón a D. Narcisse Fomekong, por su libro Antología de voces camerunesas de expresión española: entre oralidad y lirismo.                           

Madrid, 13 de diciembre de 2020,  coincidiendo con el aniversario del natalicio del profesor Justo Bolekia Boleká                                                                                              

Basilio Rodríguez Cañada 

Presidente del grupo Editorial Sial Pigmalión    

Narcisse Fomekong Djeugou 

   


 Narcisse Fomekong Djeugou es natural de Camerún. Graduado en Trilingüe español (Frances-inglés-español), es también titular de un máster en Gestión del patrimonio cultural por la Universidad Senghor en Alejandría (Egipto) y de un doctorado en Ciencias del Lenguaje, Literaturas y Culturas, opción Estudio hispánicos por la Universidad de Dschang en Camerún, donde  fue catedrático de literaturas y culturas durante el año académico 2016-2017. Actualmente, cursa un máster en sociología en la  Escuela de Altos Estudios en Ciencias Sociales de París. 

 Es coautor de dos ensayos “Poesía camerunesa de expresión española y construcción de la identidad afropolitana en Mar de ébano de Guy Merlin Nana Tadoun”, “Lenguas y culturas bantúes en la poesía camerunesa de expresión española: una oralitura afrohispana”, todos disponibles en la revista en línea Tonos Digital. Es también autor del ensayo “Del bisensibilismo al polisensibilismo en los poemarios de Tino Villanueva y Limam Boisha” publicado en 2018 en la revista Candil. Además de los ensayos, es autor del poemario Les escaliers de la vie (2016) y coautor del poemario Gritos. Tengo miedo (2016).    

Antología de voces camerunesas de expresión española: entre oralidad y lirismo    

 La Antología de voces camerunesas de expresión española es una obra coral de los autores hispanófonos cameruneses que buscan su camino en un contexto dominado por las literaturas en lenguas francesa e inglesa. Diecinueve autores, a saber, Nana Tadoun Guy Merlin, Céline Clémence Magnéché Ndé, Germain Metanmo, Romuald-Achille Mahop Ma Mahop, Gils Da Dounla, Tchinele Daghuié Joseph Séverant, Nkem Oscar, Mpesse Geraldin, Cyrille Martial Nguebou, Junior Akwo Ayuk , Aimerance Joelle Tsouala, Fomba Nombo Hector Flandrin, Narcisse Fomekong, William Dongmo, Antonio Keyanfe, Rostand Joussi Sitcheu, Christian Noutsawo, Yomi Noukoua Cyrille Roger y Ernesto Guetch pintan realidades camerunesas, africanas y globales. Entre otros temas que ponen de relieve sus versos, tenemos la identidad, la inmigración, la corrupción, el amor, el cambio climático, la Negritud, la mujer, la esclavitud. Estos autores, que en algunos momentos se inspiran en la tradición oral africana, instalan al lector en el corazón del universo y le informan de su condición de ser humano. Por lo tanto, es una buena dosis de desafío sutil para los humanos que deben examinar de nuevo la  relación que tienen entre ellos y la relación que tienen con su anfitrión común, la naranja azul.

O MORRAZO

XUNTANZA DA CIG CO ALCALDE DE CANGAS

Na axenda, están, entre outras cuestións, a problemática no servizo de ambulancias

 

Infogauda / Cangas do Morrazo

 Unha representación da CIG no servizo de emerxencias do 061 manterá este martes día 15 de decembro, ás 12:00 horas, na Alcaldía de Cangas, unha xuntanza co alcalde Xosé Manuel Pazos, para abordar, entre outras cuestións, a problemática existente no servizo despois de que a empresa concesionaria, Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem, dedicida deixar a localidade sen sistema de desinfección dos vehículos. O traslado a Vigo para estas tarefas está a ocasionar numerosas incidencias, como que o PAC cangués permaneza sen persoal durante horas.

MOVEMENTOS SOCIAIS

Mobilizacións en cidades e vilas por unha saída galega xusta da crise 

A CIG ten convocadas para este martes 15 de decembro, 15 concentracións en todo o territorio galego 



Infogauda / Galiza

 A CIG convoca para este martes, día 15 de decembro, concentracións en 15 cidades e vilas de todo o territorio galego, dando así continuidade á campaña de concienciación e socialización que vén en demanda de políticas que permitan unha saída galega xusta da crise e para evitar un novo saqueo da clase traballadora. 

 O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, estará na concentración convocada en Lugo. 

Concentracións 

Ferrol: Edificio da Xunta, 11h 

Pontevedra:  Subdelegación do Goberno, 11h 

Vilagarcía: Praza de Galicia, 11h 

Lalín: Edificio Comarcal da Xunta (Rúa Areal, 30), 11h 

Santiago: Praza Roxa, 11h 

Ribeira: Praza do Concello, 11h 

A Coruña: Praza de Pontevedra, 11h 

Cee: Praza do Concello, 12h 

Vigo: Praza do Concello, 11h 

O Porriño: Praza do Concello, 11h 

Redondela: Praza do Concello, 11h 

Ourense: Praza do Ferro, 10h 

Verín: Praza do Concello, 12h 

Lugo: Praza Maior (diante do Concello), 11:30h 

Foz: Diante da Delegación de Facenda, 17h  

 A central sindical elaborou unha batería de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra. Medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos teñen que xogar un papel fundamental e a través das que se insta a facer unha forte aposta en favor das forzas sociais galegas para o desenvolvemento deste proceso.  

 Ao longo do mes de novembro desenvolvéronse múltiples asembleas por todo o país, de forma descentralizada, para facilitar a participación e dar cumprimento a todas as medidas de prevención fronte á covid. 

 Para darlle continuidade a esta campaña e respaldar as demandas da central sindical convócanse agora estas concentracións de delegadas e delegados, tamén con carácter descentralizado, para facilitar a participación e garantir as medidas de prevención.

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha, e viceversa

Do martes dia 15 ao venres día 18 de decembro de 2020  


 Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)

 A Oficina Municipal de Turismo do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o venres día 18 de decembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono 986 61 15 26) no   horario de funcionamento do transbordador. 

 Tamén poden informarse na Oficina de Turismo (Teléfono 986 61 45 46) de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. 

SEMANA DO MARTES DÍA 15 AO VENRES DÍA 18 DE DECEMBRO: 

SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA                             (Horario peninsular de ESPAÑA)

LUNS 14

Non hai servizo por descanso de persoal.

MARTES 15

(non)

(non)

(non)

13:30

15:30

16:30

17:30

18:30

19:30

(non)

MÉRCORES 16

(non)

(non)

(non)

(non)

15:30

16:30

17:30

18:30

19:30

(non)

XOVES 17

(non)

(non)

(non)

(non)

15:30

16:30

17:30

18:30

19:30

(non)

VENRES 18

(non)

(non)

(non)

(non)

15:45

16:30

17:30

18:30

19:30

(non)

SÁBADO 19

 

(non)

(non)

(non)

Suspendido o servizo do transbordador debido ás restriccións decretadas en Portugal.

DOMINGO 20

 

11:30

(non)

(non)

 

 

SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA                           (Horario peninsular de ESPAÑA)

LUNS 14

Non hai servizo por descanso de persoal.

MARTES 15

(non)

(non)

(non)

13:00

15:00

16:00

17:00

18:00

19:00

(non)

MÉRCORES 16

(non)

(non)

(non)

(non)

15:00

16:00

17:00

18:00

19:00

(non)

XOVES 17

(non)

(non)

(non)

(non)

15:00

16:00

17:00

18:00

19:00

(non)

VENRES 18

(non)

(non)

(non)

(non)

15:30

16:00

17:00

18:00

19:00

(non)

SÁBADO 19

 

(non)

(non)

(non)

Suspendido o servizo do transbordador debido ás restriccións decretadas en Portugal.

DOMINGO 20

 

11:00

(non)

(non)

 

Observacións:                                                                                    

A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal. 

- En amarelo aquelas saídas que modifican o seu horario establecido (atraso ou adianto) para evitar a cancelación pola marea baixa. 

- Saída non asegurada, non se confirma a saída ata o mesmo día segundo o criterio do patrón.