14 de dec. de 2020

MOVEMENTOS SOCIAIS

Mobilizacións en cidades e vilas por unha saída galega xusta da crise 

A CIG ten convocadas para este martes 15 de decembro, 15 concentracións en todo o territorio galego 



Infogauda / Galiza

 A CIG convoca para este martes, día 15 de decembro, concentracións en 15 cidades e vilas de todo o territorio galego, dando así continuidade á campaña de concienciación e socialización que vén en demanda de políticas que permitan unha saída galega xusta da crise e para evitar un novo saqueo da clase traballadora. 

 O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, estará na concentración convocada en Lugo. 

Concentracións 

Ferrol: Edificio da Xunta, 11h 

Pontevedra:  Subdelegación do Goberno, 11h 

Vilagarcía: Praza de Galicia, 11h 

Lalín: Edificio Comarcal da Xunta (Rúa Areal, 30), 11h 

Santiago: Praza Roxa, 11h 

Ribeira: Praza do Concello, 11h 

A Coruña: Praza de Pontevedra, 11h 

Cee: Praza do Concello, 12h 

Vigo: Praza do Concello, 11h 

O Porriño: Praza do Concello, 11h 

Redondela: Praza do Concello, 11h 

Ourense: Praza do Ferro, 10h 

Verín: Praza do Concello, 12h 

Lugo: Praza Maior (diante do Concello), 11:30h 

Foz: Diante da Delegación de Facenda, 17h  

 A central sindical elaborou unha batería de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra. Medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos teñen que xogar un papel fundamental e a través das que se insta a facer unha forte aposta en favor das forzas sociais galegas para o desenvolvemento deste proceso.  

 Ao longo do mes de novembro desenvolvéronse múltiples asembleas por todo o país, de forma descentralizada, para facilitar a participación e dar cumprimento a todas as medidas de prevención fronte á covid. 

 Para darlle continuidade a esta campaña e respaldar as demandas da central sindical convócanse agora estas concentracións de delegadas e delegados, tamén con carácter descentralizado, para facilitar a participación e garantir as medidas de prevención.

Ningún comentario:

Publicar un comentario