XUNTANZA DA CIG CO ALCALDE DE CANGAS
Na axenda, están, entre outras cuestións, a problemática no servizo de ambulancias
Infogauda / Cangas do Morrazo
Unha representación da CIG no servizo de emerxencias do 061 manterá este martes día 15 de decembro, ás 12:00 horas, na Alcaldía de Cangas, unha xuntanza co alcalde Xosé Manuel Pazos, para abordar, entre outras cuestións, a problemática existente no servizo despois de que a empresa concesionaria, Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem, dedicida deixar a localidade sen sistema de desinfección dos vehículos. O traslado a Vigo para estas tarefas está a ocasionar numerosas incidencias, como que o PAC cangués permaneza sen persoal durante horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario