14 de dec. de 2020

O ROSAL

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos virá en xaneiro ao Rosal

Estará o día 20 no Pavillón Municipal para a revisión de ciclomotores  

 

Infogauda / O Rosal

 A unidade móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ao concello do Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión de ciclomotores. Esta unidade estará o mércores día 20 de xaneiro no Pavillón Municipal e o horario de atención ao público será de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. 

 As persoas interesadas poden solicitar cita previa: 

•    Por teléfono: 902 30 90 00. 

•    A través da páxina web www.sycitv.com - Cita previa 

 Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario