Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Con misas que serán oficiadas ás 9:00, 10:00 e ás 11:00 (solemne), respectivamente, na igrexa que pertenceu o mosteiro bieito da Transfiguración do Señor, fundado en 1558 polos irmáns Ozores e Sotomayor e Mayor de Zúñiga, situado fronte a Chan de Conde - predio que foi dos Condes de Priegue -; a vila de A Guarda celebrará este sábado día 11 de xullo, a festividade de San Bieito “do vrán”.
O rematar cada unha das misas os fieis que así o desexen poderçan mercar a medalla-crucifixo de San Bieito abade, de orixen moi antergo. O deseño desa medalla foi fixado polo Papa Benedicto XIV. Dunha parte leva a imaxe de San Bieito que tén na mán unha cruz e na outra, unha cruz máis grande con varias letras.
No anverso leva a efixie do santo, coa cruz na mán dereita e a Regra na mán esquerda; a súa dereita unha copa de onde fuxe unha cobra (lembranza do viño enveleñado do que o santo salvouse miragosamente); a esquerda un corvo lévase o pan enveleñado. Por debaixo poden lerse as seguintes verbas: "EX S.M. CASINO MDCCCLXXX" (Do Sacro Monte Cassino 1880). A ambos os dous lados "CRUZ SANCTI PATRIS BENEDICTI" (Cruz do S. Pai Bieito). Ao redor da imaxe: "EIUS IN OBITU NOSTRO PRAESENTIA MUNIAMUR" (Que nos defenda na nosa morte coa súa presenza)".
"A medalla de S. Bieito emprégase para tódalas necesidades espirituais e temporais, a condición que se use con esprito de fe. Esta medalla - que debe ser abenzoada por un sacerdote ou por un diácono - é eficaz contra as epidemias, os veleños, algunhas enfermedades especiais e contra os maleficios e as tentacions do demo", dixo a este cronista unha devota de San Bieito, que vén coidando desde fai anos o santuario.
Ademáis de estar considerado o Patriarca do monacato occidental, fundador da Orde Bieita, e a vez, Padroeiro dos exorcistas; San Bieito conta na nosa localidadade con numerosos devotos de toda a comarca do Baixo Miño. Non en ván, A Guarda honra a San Bieito en dúas ocasions ó longo do ano. A primeira delas, o 21 de marzo, e coñécese popularmente como a festividade de "San Benitiño do inverno", e a segunda, tén lugar cada 11 de xullo e chámase "San Benitiño do vrán".
En ambas as dúas ocasións, os devotos ofrécenlle ó santo esmolas e numerosos exvotos de cera, representando diversos membros humanos, e incruso corpos completos, co fin de obter os numerosos beneficios que segundo a fe popular adoita conceder o popular santo, nado no ano 480 nos Montes Sabinos, preto de Roma.
A San Bieito atribúenselle poderes curativos de diversas enfermidades, especialmente as espullas e males relacionados coa pel. A tradición dí que para elimina-las espullas hai que ter fe en San Bieito e apricar un pouco de aceite do lampadario do santo que se distribúe entre seus fieis.
LEMBRANZA DO MOSTEIRO DA TRANSFIGURACIÓN DO SEÑOR DE A GUARDA
O mosteiro fúndase no ano 1558 polos irmáns Álvaro, García, María e Isabel Ozores Sotomayor, fillos de Vasco Ozores, Señor do pazo e terras de Teanes - ubicados no lugar de A Pedra Furada, na parroquia de Santa María de Oleiros (Salvaterra de Miño) - e de Ana Páez de Sotomayor. O mesmo ano inícianse as obras - nun terreo propiedade dos fundadores, no que tiñan casa propia con anterioridade - coa condición de que se someta á regra de San Benito e sexa feminino para procurar casa ás mulleres de familias nobres da zona que queiran entrar na observancia.
As obras, cuxo proxecto os fundadores puxeran oportunamente en coñecemento do bispo da diócese de Tui, Don Diego de Torquemada, finalizan en 1561. Tras a aprobación inicial polo bispo de Tui, o Nuncio Papal en Portugal, Próspero Publícola de Santa Cruz, confirmou a súa validez en documento expedido en Pontevedra o día 7 de setembro de 1561, quedando así fundado o Mosteiro baixo a advocación da Transfiguración do Señor.
Outorgan prerrogativas ao mosteiro, especialmente as que permiten a mulleres, tanto nenas como anciás, a residir na casa sen obrigación de observar a regra mesmo sen os permisos da abadesa correspondente. Queren facilitar a educación das máis novas e o retiro das máis maiores.
Desta maneira créase un lugar especial no que destaca a obediencia á orde ademas de servir de especial refuxio para as mulleres de posición da zona.
As primeiras señoras que tomaron o hábito neste convento foron: Dona Constanza, Dona Florencia e Dona Blanca Correa de Sotomayor, fillas de Dona María Ozores Sotomayor e sobriñas de Don Álvaro Ozores Sotomayor (ambos os fundadores deste mosteiro); cinco máis compoñen esta familia relixiosa: Dona Beatriz Pereira de Castro (que despois sería elexida abadesa), Dona Ana de Magallanes, Dona Leonor Bello, Dona Ana Teixeira e Dona María del Espírito Santo.
Pasados os anos iniciais as monxas comezan a ter problemas económicos xa que dos catro irmáns fundadores só un, Álvaro Ozores Sotomayor, sacerdote que se retirou na súa casa da Guarda en 1567, mantivo a promesa de soportar os gastos do mosteiro.
Foto: Infogauda
A comunidade benedictina pasou por outros momentos difíciles. En 1589 tiveron que abandonar o mosteiro ante a ameaza de invasión do corsario, comerciante de escravos e vicealmirante inglés Francis Drake, un verdadeiro depredador e maltratador, que incursionaba polas vilas das costas galegas arrasando con todo canto de valor había. Xa en 1808 a invasión das tropas francesas durante a Guerra de Independencia obrigou ás monxas para vestirse de seglares e refuxiarse en casas particulares do pobo. Neste caso tanto o mosteiro como a igrexa sufriron danos ademais da profanación.
Finalmente, en 1837, a comunidade sufriu os efectos da aplicación da Real Orden de Exclaustración Eclesiástica, coñecida como Desamortización de Mendizábal. Partes da leira do mosteiro saíron a poxa pública en 1839 e 1840. Non houbo licitadores en dúas ocasións e ao quen finalmente se fixo coa leira os propios veciños impedíronlle pechar o solar para construír unha residencia privada.
O xa convento, continuou sendo ocupado polas monxas benedictinas ata 1878 cando o alcalde da Guarda esixiu o edificio para usos civís obrigando ás relixiosas para instalarse nun convento de dominicas en Baiona.
As funcións que asumiu o edificio foron as de hospitalillo, sobre todo durante unha epidemia de peste que afectou o pobo, e pouco tempo despois a de escola infantil. Para organizar a escola chegaron a demolerse algunhas zonas do convento como a maior parte das celas e acondicionouse o espazo para albergar a residencia dos mestres e as súas familias.
Gravado do bispo Juan María Valero y Nacarino, publicado o 14 de novembro de 1878, no nº 18 da revista La Ilustración Católica, que ademáis de en España, vendíase en Cuba, Puerto Rico, Filipinas,...
En 1881 o bispo de Tui (desde o 1 de decembro de 1876 ata 15 de abril de 1882), Juan María Valero y Nacarino, negociou a devolución do convento ás súas antigas propietarias. A cambio de ceder un terreo no que instalar a escola, o concello comprometeuse a devolver o edificio ás relixiosas. Volveron o 19 de decembro dese mesmo ano.
As monxas residirían no convento ata marzo de 1984. Previamente a ese momento a orde decidira vender o edificio e instalar ás monxas que o ocupaban nun novo inmoble, cun mantemento máis asumible para á comunidade benedictina, na parroquia de San Vicente de Trasmañó (Redondela).
En 1990 inaugúrase o Hotel Monumento Convento de San Benito, ubicado nas centenarias dependencias do antigo mosteiro de benedictinas de A Guarda onde en diferentes ocasións estivo hospedado o Padre Salvado (Frei Rosendo Salvado y Rotea) - ilustre tudense, de ascendencia guardesa por parte de nai - pertencente a orde benedictina.
A igrexa - que desde antes de irse ás monxas para San Vicente de Trasmañó carece do artístico retablo dourado que tivera -, foi adquirida pola parroquia de Santa María da Asunción de A Guarda, e continúa aberta ao culto nos horarios de costume. O resto do día permanece pechada debido a unha repudiable incidencia acontecida antes de ser decrarado en España o estado de alarma por causa do coronavirus SARS-Cov-2.







