A Xunta de Galicia e o Norte de Portugal analizan o Plan de reactivación da cooperación transfronteiriza
Foto: X.G.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Vigo coa vicepresidenta da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento do Norte de Portugal, Ester Silva
No encontro analizáronse as propostas que se están a incluír no Plan
para paliar o impacto do peche da fronteira durante varios meses debido á
crise sanitaria da covid-19
Infogauda / Vigo
O director xeral de Relacións Exteriores
e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Vigo coa vicepresidenta da
Comisión de Coordinación e Desenvolvemento do Norte de Portugal
(CCDR-N), Ester Silva.
Na reunión analizáronse as propostas e
achegas que están a ser incluídas no Plan de reactivación á cooperación
de proximidade, un documento elaborado en coordinación con todos os
actores da cooperación transfronteiriza que persegue paliar o impacto do
peche, durante varios meses, da fronteira entre España e Portugal por
mor da crise do sanitaria da covid-19.
Ao encontro tamén asistiron
Xosé Lago e Graça Fonseca, director e subdirectora da Agrupación
Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión,
respectivamente, que se celebrou na sede desta organización en Vigo.
Tamén participou Pedro Figueredo, xefe de División de Coordinación de
Proxectos e Redes Institucionais na CCDR-N.
Trátase da terceira
das reunións mantidas para elaborar o Plan de reactivación na fronteira
Galicia-Norte de Portugal, elaborado pola AECT da Eurorrexión. A
primeira celebrouse no concello de Tomiño o pasado 18 de xuño e a
segunda tivo lugar na Eurocidade Chaves-Verín o 2 de xullo.
A AECT
da Eurorrexión foi constituída pola Xunta de Galicia e a Comisión de
Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal para
impulsar a cooperación transfronteiriza entre os dous territorios.
Comezou a funcionar en 2010 e foi a primeira que se se constituíu na
Península Ibérica e a terceira do territorio europeo.
Nos últimos
anos leváronse a cabo proxectos como o Iacobus, de intercambio de
estudantes e docentes da Eurorrexión, ou o programa Nortear, de
intercambios culturais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario