10 de dec. de 2020

A GUARDA

Próxima visita da unidade móbil de doazóns de sangue 

Estará na vila de A Guarda o venres día 18 e o sábado día 19 de decembro 

 


Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na vila de A Guarda o venres día 18 de decembro e o sábado día 19 de decembro.  

 Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural) o venres 18 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 19 en horario de 10:00 ás 15:00 horas. 

 O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Para maior seguridade, é necesario pedir cita previa para doar chamando ao teléfono 900 100 828. 

•    Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas.

•    Non esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.

•    Informar ao médico se está a tomar algún medicamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario