“AQUELAS FESTAS”, UNHA NOVA PROPOSTA PARA ESTE NADAL
A exposición está organizada pola Asociación InfoMAXE e pódese visitar no vestíbulo da Casa do Concello de A Guarda
Celso R. Fariñas* / A Guarda
Despois de varias conversas ca Asociación das Alfombras Florais do Santísimo, así como tamén ca Sra. Concelleira de Cultura, en InfoMAXE acordamos levar a cabo nas mesmas datas, (inicio da montaxe o 05 de decembro e desmontaxe despois do 10 de xaneiro do 2021) levar a cabo unha exposición como complemento da que esa Asociación ten acordada co Concello.
Polas novas medidas do COVID-19, a alfombra que iban a elaborar no acceso o concello, ante a imposibilidade de xuntarse máis de catro alfombristas, acordaron deixala para mellores tempos, animándonos a que instaláramos a nosa para intentar alegrar un pouco estas datas, quedando pendientes outras actividades, nas que algunha intentaremos que sexa conxunta.
Nosa exposición leva como nome “AQUELAS FESTAS”, na que mostraremos o público visitante unha serie de reproducións en tamaño A-3, de aproximadamente 70 carteis das diversas festas que nos distintos barrios da nosa localidade se celebraban nos anos, 70, 80 e 90 do pasado século.
O material que iba estar exposto no mesmo horario e tempo que habíamos acordado, que está aberta o público dende o día de hoxe no horario de funcionamento habitual do Concello e nos días especiais que será anunciado oportunamente.
* Secretario de InfoMAXE
Ningún comentario:
Publicar un comentario