Últimos días para inscribirse no Mercado de Nadal 2020
Terá lugar na Praza de Avelino Vicente, do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de reiterar que organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021, coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.
Este mercado está destinado a artesáns e produtores de horta ou alimentación. Tamén pode participar o comercio local e do noso entorno.
As persoas interesadas poden consultar as bases de participación e ter en conta que o prazo para a inscrición remata este venres 20 de novembro.
O procedemento é a través do rexistro municipal presentando unha instancia xeral coa indicación de “Mercado de Nadal” cos datos de contacto, descrición dos produtos á venda e copia da documentación en vigor.
O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario