A Guarda retomará o mercadillo semanaldos sábados
• Farase co 50% dos postos habituais e con todas as medidas sanitarias de distanciamento e prevención ante a Covid-19.
Vista parcial do mercadillo dos sábados na vila de A Guarda, antes da pandemia
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda, vén de facer público que "en virtude das medidas de restrición adoptadas por Sanidade fronte ao coronavirus Covid-19 e, trala saída do nivel vermello do municipio a pasada semana, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 21 de novembro.
O mercadillo quedara suspendido e só se instalaban os postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos dende o pasado sábado día 24 de outubro ante a evolución da Covid-19.
A día de hoxe o número de casos confirmados na localidade é de entre 14 e 21, estando no nivel 2, segundo os novos casos confirmados por PCR nos derradeiros 7 días.
Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao Covid-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre ou tose".
Ningún comentario:
Publicar un comentario