11 de nov. de 2020

A GUARDA

O Concello de A Guarda organiza o Mercado de Nadal 

Que terá lugar do 4 de decembro ao 5 de xaneiro de 2021, na Praza de Avelino Vicente



Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de facer público que está "a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente.  

 A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando as casetas durante a campaña de Nadal, é dicir, dende o acendido da iluminación de Nadal ata o 5 de xaneiro.   

 Ao igual que o mercado organizado como peche do verán, a participación no mercado será gratuíta a cambio do compromiso da apertura dos postos durante os días e horario establecido.  

 O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.  

 Os interesados poden consultar as bases de participación e disporán ata o venres 20 de novembro para solicitar a súa participación mediante unha instancia xeral no rexistro municipal tal e como se define nas bases". 

BASES DE PARTICIPACIÓN MERCADO DE NADAL 2020

 O  Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.

 A continuación defínese a organización do Mercado de Nadal coas esixencias que serán de obrigado cumprimento:
· Poderán participar postos de artesanía, comercio e de alimentación. Non se aceptan postos de revenda ou de segunda man.
· A participación é gratuíta para o intersado.
· En función do número de solicitudes aceptadas realizarase un reparto das quendas previstas mediante sorteo.
· Quendas de participación:
1. Do venres 4 ao sábado 12 de decembro. 8 días en total co festivo do 8 de decembro incluído.
2. Do luns 14 ao sábado 19 de decembro. 6 días en total.
3. Do luns 21 ao sábado 26 de decembro. 5 días en total. O 25 de decembro non se abrirá o mercado.
4. Do luns 28 de decembro ao 5 de xaneiro. 7 días en total. O 1 de
xaneiro non se abrirá o mercado (excepto o domingo 3 de xaneiro)
· É obrigatorio participar nos días e horarios que lle sexan concedidos.
· O horario previsto: 10:00 a 13:30 / 17:00 a 20:00h.
· O Concello facilita un posto de madeira que permanecerá pechado fora do horario establecido.
· A solicitude para a participación no Mercado de Nadal implica a aceptación das presentes bases.
· Os interesados presentarán no rexistro municipal unha instancia xeral coa indicación de “Mercado de Nadal” cos datos de contacto. Ademais incluirán unha descrición dos productos a venda e copia da documentación en vigor.
· Prazo de entrega das solicitudes: venres, 20 de novembro de 2020
· Posteriormente poderáselles requirir documentación para verificar os datos que aporta na solicitude.
· No caso de que o número de solicitudes será superior as prazas dispoñibles terase en conta a data da presentación da solicitude no rexistro municipal.
· O Concello da Guarda como organizador pode modificar as condicións sendo comunicadas previamente aos participantes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario