5 de out. de 2020

TOMIÑO

SOS TOMIÑO-BAIXO MIÑO inicia unha campaña virtual para a recollida de alimentos a través da súa web 

Cada persoa que desexe doar, pode escoller un lote de produtos. O pago pode facerse a través dunha tarxeta na propia páxina

 


 

Infogauda / Tomiño 

 Dada a situación creada pola pandemia da Covid-19 e ante a necesidade de atender ás familias que precisan axuda, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, organiza unha recollida virtual de alimentos, a través da súa páxina web.  

 A través da páxina www.sostomino.org, a entidade vai presentar diferentes lotes de produtos alimenticios de diversos prezos. O valor de cada lote aparacerá co seu prezo en euros.  

 Cada persoa que desexa doar, pode escoller un destes lotes. O pago pode facerse a través dun cartón na propia páxina web. O diñeiro recadadado vai ser dedicado exclusivamente á compra de alimentos para as 170 familias que a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño atende no Rosal, Tomiño, Tui e Oia.  

 Esta campaña virtual estará en vigor desde o 5 de outubro até o día 10. Ao mesmo tempo, as persoas que non teñan acceso a este proceso virtual, poderán facelo deixando alimentos en cada un dos carriños que se atopará nos supermercados que cooperan neste proceso, e que son os que seguen: 

– Supermercados FROIZ no Rosal, Tomiño e os 3 centros de Tui 

– Supermercado Lidl de Areas (Tui) 

– Supermercado DIA en Tomiño.  

 Os produtos de maior necesidade agora mesmo son son: aceite, leite, cacao e frascos de legumes cocidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario