5 de out. de 2020

GOIÁN (TOMIÑO)

O CINECLUB POLEIRO  REACTÍVASE  

· O xoves 8 de outubro, Capharnaüm unha película libanesa, premio do xurado en Cannes, e a galega A Illa das mentiras de Paula Cons, abren o ciclo de outono no Auditorio de Goián   

 


 Rita Alonso / Goián

 Para que a cultura non pare, o cineclub Poleiro retoma a actividade con medidas de seguridade, distancia e uso obrigatorio de máscara. 

 O xoves 8 de outubro, ás 21:30 horas no Auditorio de Goián, arranca un novo ciclo coa película CAPHARNAÜM escrita e dirixida por Nadine Labaki. Converteuse na película de Oriente Medio de maior recadación de tódolos tempos despois dun grande éxito internacional.             

 Sinopse: Conta a historia de Zaín un neno de 12 anos condeado a cinco anos de cárcere por acoitelar a un home. Denuncia aos pais e cando o xuíz lle pregunta por qué, contéstalle: “Porque nacín”, expresando que eles son os responsables da súa dura vida.             

 O xoves 5 de novembro o cineclub proxecta A ILLA DAS MENTIRAS, dirixida por Paula Cons.  

 Sinopse:  Madrugada do 2 de xaneiro de 1921. Naufraxio fronte a illa de Sálvora do buque Santa Isabel con destino a Bos Aires. Tres mulleres bravas salvan a preto de 50 náufragos. Un xornalista arxentino investiga o suceso e descubre moitas incógnitas.  Historia e ficción sobre as heroínas de Sálvora. 

 O xoves 3 de decembro é o turno de BENZINHO, unha película dirixida polo brasileiro Gustavo Pizzi. Conta a historia dunha ama de casa de Rio de Janeiro con catro fillos que acolle á súa  irmá e ao seu sobriño.  

 Pechamos o ciclo o xoves 14 de xaneiro cunha película colombiana baseada nunha historia real, que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, PÁJAROS DE VERANO, dirixida por Ciro Guerra e Cristina Gallego. .                                                                                                                                     O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS CUSTA 10 EUROS MOSTRANDO O BONO DO CICLO ANTERIOR 5 EUROS   

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario