14 de out. de 2020

TOMIÑO

A Unidade Móbil de Maquinaria Agrícola desprázase a Tomiño 

Estará presente no municipio os días 21, 22, 23 e 26 de outubro 

  


Informa: Concello de Tomiño

 A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas (vehículos sen carga). O lugar no que se establecerá será a explanada da comisaría da Policía Local.  

 Estará presente os días 21, 22, 23 e 26 de outubro.  

HORARIOS:  

Día 21: de 11:00 a 13:30h e de 15:15 a 18:00 h  

Día 22 de 9:00 a 13:30h e de 15:15 a 18:00 h  

Día 23 de 9:00 a 13:30 h  

Día 26 de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 15:45 h  

 Para solicitar cita previa no Tlf: 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com no apartado de cita previa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario