1 de out. de 2020

TOMIÑO

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, presenta este venres, a campaña de sensibilización “Parte de ti” 

A cita será no Mercado Municipal de Tomiño e contará coa asistencia de 11 alcaldesas e alcaldes do Grupo de Desenvolvemento Rural

 

                                Mercado Municipal de Tomiño 

 

Infogauda / Tomiño

 Este venres día 2 de outubro ás 11:00 horas, representantes dos concellos que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, reuniranse no Mercado Municipal de Tomiño, para dar a coñecer a campaña de concienciación “Parte de ti”, baseada nas historias dos produtores e produtoras do rural.  

 Forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural, os concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar. 

 A presentación será dirixida pola alcaldesa de Tomiño  e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural e contará coa participación dun dos produtores, José Manuel Fernández, que falará do pan do Porriño. 

 Acudirán á presentación:  

Emiliano Lage, alcalde Fornelos de Montes; Andrés Iglesias, alcalde Pazos de Borbén; Daniel Boullosa, concelleiro de Redondela; David Alonso Bargiela, concelleiro de O Porriño; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa de O Rosal; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia; Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona; Francisco  Ferreira, alcalde de Gondomar; Juan González, alcalde de Nigrán; e un/unha representante do Concello de Mos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario