A SANIDADE NO CONCELLO DE TOMIÑO
Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE na Corporación Municipal de Tomiño
Infogauda / Tomiño
Nun comunicado feito público no día de hoxe, 1 de outubro de 2020, "o Grupo Municipal Socialista de Tomiño amosa o seu asombro e estupor ante a posta en marcha dunha campaña de recollida de sinaturas polo BNG de Tomiño, cando o pasado xoves 24 de setembro, na celebración do Pleno non foron quen de presentar ningunha iniciativa o respecto. Foron as concelleiras socialistas, unha e outra vez, pleno tras pleno, quenes puxeron enriba da mesa unha batería de medidas a tomar, buscando consensos e coa lealdade institucional que un problema da magnitude e gravidade que temos no noso Centro de Saúde, merece. E por iso que califican estos actos de "INDIGNIDADE POLÍTICA" pois o Goberno Municipal está antepondo os seus intereses partidistas ao benestar da veciñanza.
As concelleiras socialistas preguntamos pola situación do Centro de Saúde e do Consultorio de Goián o 19 de setembro do 2019, negándose por parte do goberno a existenza de ningún problema e mesmo acusándonos de estar creando nós o conflicto, polo que non se fixo nada para procurar solucionar o que se nos viña enriba porque a problemática témola dende antes da pandemia e nunca se fixo absolutamente nada.
É unha mágoa que as nosas propostas sexan arrebatadas e utilizadas partidariamente e non como Corporación Municipal como correspondería. E lamentamos profundamente que os case 14 anos de goberno, os nacionalistas confundan o que é loitar pola veciñanza cos intereses partidistas. O que confirma que estamos ante un fin de ciclo, onde este goberno actúa a bandazos. É un goberno sin ideas nin iniciativas propias pois ten que apropiarse do traballo dos demais.
Con prepotencia, nocturnidade e silencio non se defende a sanidade. A sanidade deféndese loitando todas xuntas a carón dos veciños e veciñas de Tomiño".
Ningún comentario:
Publicar un comentario