A EXPOSICIÓN PÚBLICA O INVENTARIO DE BENS INMOBLES MUNICIPAL
Estarán dispoñibles durante 20 días hábiles a partir deste mesmo martes 6 de outubro
Infogauda / O Rosal
O Equipo de Goberno Municipal do Concello do Rosal comunicou no día de hoxe que "o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar o somentemento a información pública do expediente de actualización do inventario de bens inmobles municipais do Rosal. Estará en exposición pública durante 20 días hábiles a partir deste mesmo martes 6 de outubro, día seguinte á publicación no BOPPO e no taboleiro de edictos do Concello.
Durante este prazo, poderanse presentar alegacións nas formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo común.
A consulta do inventario pode realizarse nas oficinas municipais do Concello en horario de 09.00 a 14.00 horas. A actualización do inventario entenderase aprobada de forma definitiva no suposto de que non se presenten alegación durante o prazo de información pública.
Documento actualizado
Este inventario de Bens Inmobles municipais actualizouse por última vez no ano 2006 e recolle todo tipo de terreos, parcelas ou prazas ata parques, escolas, lavadoiros, fontes ou bombeos. O obxectivo é dispoñer dun documento actualizado que permita ser rectificado cada ano en función das altas e baixas producidas nos bens e dereitos do patrimonio e que permita ao Concello levar ao día todos os bens da súa propiedade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario