1 de out. de 2020

A GUARDA

O alcalde do Concello de A Guarda demándalle ao novo Conselleiro de Sanidade, solucións para o Centro de Saúde 

• Antonio Lomba, segue facéndose eco dos problemas de atención primaria que veñen sufrindo os veciños e veciñas no Centro de Saúde da localidade, donde para conseguir ser atendidos teñen que soportar longas esperas e colas pola falta de persoal. 

 

Usuarios do Centro de Saúde de A Guarda, agardando seu turno diante da porta de acceso principal ás instalacións
Foto: C.A.G. 

 

Infogauda / A Guarda 

 Unha vez máis o alcalde do Concello de A  Guarda denuncia diante da Consellería de Sanidade  “a situación precaria dos servizos sanitarios

 Desde o Equipo de Goberno do concello guardés veñen de facer público que no día de hoxe, xoves 1 de outubro, o alcalde Antonio Lomba Baz dirixiuse por escrito ao novo conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza. 

 Estes problemas de persoal vense agravados na actualidade pola observación dos protocolos de protección fronte ao Covid-19 e, no caso concreto da Guarda, polo illamento xeográfico que padece ao estar a unha distancia considerable dos hospitais de referencia en Vigo e ter unha comunicación por estrada moi deficiente ata Tui.  

 O alcalde aproveitou o escrito para poñer de manifesto a necesidade de reforzar o servizo do PAC dado que en moitas ocasións se queda sen persoal sanitario cando o único equipo de garda ten que saír a atender unha urxencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario