Continúa a posta en marcha do proxecto da ‘Explanada do Horizonte’
Despois de varios meses de traballo por parte do goberno municipal do Rosal, iniciáronse xa as obras para a transformación do lugar
Infogauda / O Rosal

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández - á dereita da imaxe -, estivo facendo unha visita de seguimento das obras do proxecto levado a cabo pola arquitecta e paisaxista María Fandiño
Foto: C.O.R.
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Logo
dun intenso período de tramitacións burocráticas e consecución de
permisos, as obras de adecuación e remodelación do lugar continúan
avanzando en Portecelo. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, estivo
facendo unha visita de seguimento das obras do proxecto levado a cabo
pola arquitecta e paisaxista María Fandiño. Na área foron feitas xa
varias actuacións como a colocación do pavimento, a instalación de
mobiliario urbano ou a creación da área de xogos infantís. Tamén se
procedeu á plantación de vexetación autóctona seguindo os criterios da
administración autonómica.
Desde o Equipo de Goberno Municipal indican que "a execución das obras foi posible grazas a moitos meses de intenso traballo por parte do goberno municipal á hora de conseguir acordos cos distintos entes sociais implicados na realización das mesmas. Para isto foi preciso traballar coa propietaria dos terreos nos que se están desenvolvendo as actuacións para conseguir a súa cesión, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa Mariña do Rosal, así como coa traída de augas, as percebeiras ou o veciño propietario da parcela na que está situado o petróglifo ‘Laxe do Lapón’, de gran valor cultural, onde tamén se pensa realizar unha actuación.
Do mesmo xeito tamén foi preciso tramitar os permisos coas sectoriais de Augas de Galicia, Estradas de Galicia, Patrimonio Cultural e Costas. Neste sentido a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, quixo agradecer “a implicación e a boa disposición dos veciños e veciñas, que colaboraron en todo o posiblepara que este proxecto poida ser unha realidade”.
O proxecto da explanada constitúe unha obra emblemática de gran valor pola súa posición xeográfica e o seu valor simbólico para o Concello do Rosal, ao estar encadrada nun tramo do Camiño de Santiago Portugués pola Costa. A remodelación, que parte da arquitectura paisaxista, pretende remodelar a preexistente explanada de formigón buscando a integración medioambiental e evitando o “feísmo” coa posta en valor do potencial paisaxístico do emprazamento e a recuperación dos ecosistemas da área.

Ningún comentario:
Publicar un comentario