6 de ago. de 2020

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA: UNHA DAS NOSAS SINAIS IDENTITARIAS

Este ano toca vivilas dun xeito diferente


 Fotos: Santi Baz

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Cando o mundo era outro, por decilo dun xeito figurado, nesta altura de agosto, o pobo de A Guarda e todos os pobos da contorna, viviamos a Semana do Monte. Que lles imos contar!

 Todo o mundo está agardando dun ano para outro por eses días de lecer, de compartir os praceres da vida, coa familia e  amizades. Días de vacacións para moitos. Xornadas que escápannos das mans. Sobremesas demoradas. Noite de verbenas sen présa por voltar á casa.

 Xornadas de actividades na rúa, competicións deportivas, exposicións, música tradicional,...

 Ledicia!

 E logo de varios días de troula na Alameda e polas rúas da vila, chega o Sábado do Monte. Co seu impresionante desfile tradicional, no que teñen cabida os traxes de cotío, os de muradana, os do Baixo Miño,.... e as indumentarias das bandas mariñeiras.


 As rúas vivas. Cheas de vitalidade. De xóvenes e de maiores. De nenos e de veteranos. Mulleres e homes, que saen dos seus fogares porque é a Festa do Monte Santa Trega. E hai que ultimar que imos xantar na romaría do Domingo do Monte...

 Neste 2020 todo vai ser diferente. Estáo sendo xa. E imos continuar comportándonos como o estamos facendo desde fai meses. Non fai falla que nos lembren o que nos corresponde a cada quen. Sabémolo ben. E este ano imos saber valorar moito máis que nunca ese tesouro que ao longo de máis dun século - desde 1913 - logramos conservar na tradición que nos legaron nosos ancestros. Ten que ser así. É unha das nosas sinais identitarias.

 E para o 2021, se todo vai mellorando, como así agardamos que sexa, gozaremos das nosas Festas do Monte Santa Trega como o viñemos facendo ao longo dos tempos.

GALERÍA DE IMAXES DA AUTORÍA DE SANTIAGO BAZ LOMBA, CORRESPONDENTES AO DESFILE DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA DE 2017

Ningún comentario:

Publicar un comentario