6 de xul. de 2020

OPINIÓN

Eleccións galegas do 12-X 

Propostas desde a ESS




 Miguel Braña*

Desde REAS (a Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria) levamos 25 anos traballando no impulso da economía social e solidaria (ESS) e apostando por un modelo económico que poña a vida no centro. A actual situación de pandemia agudiza toda unha serie de crises (económica, ecolóxica e social) que xa estaban aí desde hai moito tempo. Mais tamén é un mo-mento chave de reconstrución e reactivación económica. O novo goberno que saia elixido das eleccións do vindeiro día 12 de xullo ten a opor-tunidade de impulsar unha nova normalidade solidaria, feminista e ecolóxica no noso país. Para facelo, recomendamos a ampliación do diálogo social mediante a interlocución coa economía so-cial e solidaria (ESS) e cos movementos e organizacións que temos experiencia e estamos en contacto directo con esta realidade.

 Desde a economía solidaria cremos que cómpre traballar en cinco grandes eidos:
● Políticas que prioricen a inclusión e a cohesión social. Por exemplo, explorando opcións de vivenda colaborativa en cesión de uso, implementando medidas que fomenten o emprego inclusivo ou educando para lograr o tan necesario cambio ecosocial.
● Políticas que defendan a sustentabilidade da vida. Inspirándose na economía fe-minista, apostando por unha transición enerxética e pola economía circular, actuando para impulsar a soberanía alimentaria e agroecolóxica e promovendo novas formas de produción que se afasten da lóxica capitalista e industrial que xera suxeitos subor-dinados ao beneficio económico fóra do ben común.
● Políticas que poñan a economía ao servizo das persoas. Combinando o emprendemento social coas finanzas éticas, o comercio xusto e as economías comunitarias a través dos mercados sociais, unha ferramenta central do modelo que defendemos e que desde REAS queremos impulsar.
● Políticas que subordinen as institucións ao ben común. Impulsando a innovación, o desenvolvemento local e a lóxica dos coidados para tódalas persoas, salvagardando os bens comúns e apostando de forma decidida pola Contratación Pública Responsable.
● Políticas que garantan o equilibrio territorial. Devolvendo ao medio rural o papel sustentador da vida que sempre tivo.
Son numerosas as iniciativas que cabería pór en marcha. Desde REAS Galicia propomos a todo o abano de forzas políticas que se avance nas 10 medidas seguintes:
1. Adopción da Renda Básica Universal como medida de urxencia para redistribuír a capacidade adquisitiva das persoas e garantir a cobertura das necesidades básicas e de consumo. Esta é unha das medidas que se defende desde a iniciativa «Plan de choque social» á que está adherida REAS.
2. Utilización dos excedentes dos concellos para a aplicación de políticas activas de em-prego inclusivas que fomenten a cohesión social e comunitaria e o desenvolvemento local.
3. Aprobación de medidas que reduzan os efectos da fenda de xénero que a COVID-19 tivo e vai seguir tendo sobre a conciliación: permisos retribuídos de 6 semanas até á apertura dos colexios; regulación da semana laboral de 4 días; reducións de xornada financiadas pola administración…
4. Aposta decidida polo reparto do traballo e o salario digno (especialmente perante a situación laboral post-COVID-19) como forma de garantir o acceso aos ingresos ne-cesarios e de dispor de tempo para o sostemento da vida e os coidados.
5. Aseguranza dos servizos públicos, tamén no rural, con especial atención á sanidade, os servizos sociais, educativos e de atención á dependencia, para que garantan a boa calidade dos coidados ao longo de toda a vida. Desbotando á precariedade como sustento do sistema.
6. Reestruturación da economía apostando por sectores estratéxicos coma as enerxías renovables, as rehabilitación ecolóxica de edificios, a reutilización, reciclaxe e xestión de residuos ou a relocalización da produción de bens esenciais (sanitarios, téxtiles, alimentarios, tecnolóxicos etc.).
7. Posta en marcha dun plan estratéxico de transición ecolóxica que reduza as emisións e racionalice o consumo enerxético, pondo fin á pobreza enerxética.
8. Implantación de cláusulas sociais e de reservas de mercado para fomentar unha alimentación saudable e sustentable (km 0) en todos os servizos públicos e para impul-sar os circuítos curtos de comercialización.
9. Apoio ás cooperativas e o tecido social que estean activas no territorio para resolver necesidades urxentes da poboación dun xeito que sexa a vida das persoas o que estea no centro.
10. Inclusión de representantes das economías non-artelladas (economías colaborativas e economías comunitarias) nos espazos de elaboración das políticas públicas.

 A aplicación destas medidas permitiría non volver á normalidade anterior, caracterizada pola precarización das condicións de vida, a emerxencia climática, feminista e migratoria, e a fraxilidade dos nosos metabolismos económicos, sociais e ambientais.

 En Galicia, REAS seguirá traballando para facer realidade un novo mundo máis solidario e xusto, e convida a todos os partidos políticos, axentes sociais e económicos, e a toda a cida-danía a avanzar conxuntamente cara a este obxectivo.

* Membro de a Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario