O ORAL volve atender no Concello de Tomiño pero só con cita previa
· A oficina móbil visitará Tomiño os días mércores, sempre que teñan axendadas citas previas, e estarán na franxa horaria das citadas citas
Informa: Concello de Tomiño
A partir do día 1 de xuño, volven estar abertas para a atención presencial todas as oficinas do ORAL, pero EXCLUSIVAMENTE CON CITA PREVIA (chamando ao teléfono de atención ás persoas contribuíntes 986 804 100).
Dadas as circunstancias, o persoal do ORAL só se desprazará ao concello para atender ás persoas contribuíntes os días mércores, sempre que haxa citas concertadas e só estarán na franxa horaria das citadas citas.
Polo momento, na fase II de desescalada na que se atopa a provincia de Pontevedra e a Comunidade Autónoma de Galicia, os servizos de atención ao público que se prestarán nas oficinas unicamente serán aqueles que, ademais de ser considerados esenciais, sexan os que se poden atender por volume de afluencia de público no momento sanitario actual.
Tamén pode obtenerse cita previa a través dos seguintes enlaces:
Web ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/
SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/
Ningún comentario:
Publicar un comentario