Os avós do CAAN "Apro" e "Coqui" atopan por fin un novo fogar en Madrid e Marbella despois de vivir seis e catro anos no centro de acollida
Ambos entraron nas instalacións sendo cachorros de tres meses, "Apro" no 2014 tras ser abandonado en Arbo, e "Coqui" no 2016 en Silleda
"Apro" e "Coqui" atoparon por fin un novo fogar e
ambos xa son os mellores compañeiros para as súas estreadas familias en
Madrid e Marbella
Fotos: D.PO.
Infogauda / Armenteira (Pontevedra)
Entraron no CAAN sendo
só uns cachorros e viviron no centro da Deputación de Pontevedra os
seus seis e catro anos de vida respectivamente. Pero despois de tan
longa espera, "Apro" e "Coqui", os avós do Centro de Acollida e
Protección de Animais da Armenteira, atoparon por fin un novo fogar e
ambos xa son os mellores compañeiros para as súas estreadas familias en
Madrid e Marbella.
"Apro" converteuse no can que levaba máis tempo no CAAN trala marcha de "Bertín", no mes de decembro do pasado ano. Entrou en xullo do 2014 sendo un cachorro de só tres meses e fora recollido polo persoal do centro tras ser abandonado en Barcela, no concello de Arbo. A propia presidenta da Deputación, Carmela Silva, fixo varios chamamentos para a súa adopción ata que esta finalmente tivo lugar hai unhas semanas, cando "Apro" partiu para Madrid xunto a outro can do centro, "Mondo", recollido en Meaño hai un ano. Ambos animais son moi semellantes, cruces de grifón, e as adopcións foron posibles grazas á mediación de dúas veciñas de Pontevedra, Rosa Sines e Lupe Vázquez, que xa colaboraran con anterioridade para dar saída a outros animais do CAAN e facilitaron o traslado dos cans. Sines destacou que "Apro", que agora se chama "Bico", "se atopa fenomenal e está a adaptarse moi ben á súa nova familia", de orixe galega, e vive nunha casa de campo na comunidade madrileña.
Trala súa marcha, o relevo como avó do CAAN o recollera "Coqui", que entrou nas instalacións da Armenteira en xaneiro do 2016. Era entón un cachorro de tres meses e fora recollido no concello de Silleda, en concreto no lugar da Cira. Pero a súa condición de veterano tamén durou pouco, xa que a pasada semana "Coqui" xa viaxou ata Marbella, onde foi adoptado por Andree Marie Zanussi. Esta cidadá de orixe italiana coñeceu ao can pola imaxe que compartiu en redes sociais unha protectora que colabora habitualmente co CAAN e foi a súa filla Mia, de seis anos de idade, a que elixiu a "Coqui" como novo compañeiro de xogos, agora baixo o nome de "Cuore" (corazón en italiano). Zanussi sinala que desde sempre tivo cans e cadelas, nunca comprados, senón adoptados, "e tampouco me fixo nos cachorros, porque teñen saída más fácil. Por iso sempre opto polos que levan moito tempo. Neste caso ‘Coqui' levaba catro anos e paréceme moito -explica-. Acabamos de mudarnos a unha casa e a miña filla xa ten seis anos, así que pensei que era un bo momento, porque eu tamén crecín con cans".
A nova dona de "Coqui" engade que chegou o venres 4 de xuño moi asustado despois da longa viaxe, "pero pouco a pouco cada día vai tomando máis confianza; é un can moi bo" e este pasado domingo desfrutou do seu primeiro día de paseo preto da praia. Andree Zanussi destacou tamén as facilidades para realizar a tramitación da adopción no CAAN, co que tivo o primeiro contacto días antes de que comezara o confinamento. "Supuxen que as adopcións ían estar paradas e esperamos", agrega.

Agora tócalle a Nikita, a nova avoa de CAAN
Despois do final feliz para estes dous veteranos, agora é "Nikita" a que toma o relevo como avoa do CAAN.
Ao igual que "Coqui", entrou no centro no ano 2016 con tan só un mes de
idade e xunto a outros seis membros dunha mesma camada que foran
abandonados en maio no concello de Lalín. A súa situación era moi
delicada e ela foi a única supervivente desa camada e, como destacan no CAAN, é moi dócil e cariñosa.
Hai que lembrar que o centro da Deputación retomou as adopcións na fase 1 da desescalada tralo parón da crise sanitaria, e que estableceu o sistema de cita previa para as visitas ao centro e a formalización das adopcións. Deste xeito, as persoas interesadas deben solicitar a cita no teléfono 986 140 360 e , unha vez que se despracen ao recinto da Armenteira, deberán agardar se é preciso a súa quenda no exterior do centro, co obxecto de evitar concentracións. Outras medidas adoptadas polo CAAN son a atención individualizada a cada visitante, a utilización de luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias de seguridade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario