1 de xuño de 2020

A GUARDA

O Concello retoma o ciclo de Cinema de Muller
 

O Centro Cultural será o escenario para as dúas proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 12 e 19 de xuño


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.   

Programa de Cinema da Muller    

 O Centro Cultural será o escenario para as dúas proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 12 e 19 de xuño. Todas as proxeccións contarán cunha charla coloquio previa ás 20:00h e a proxección será ás 21:00h.    

 O venres día 12 de xuño de 2020 proxectarase “As Lindas”, de Melisa Liebenthal.    

 “As Lindas” é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires, 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de Cinema de Rotterdam,  e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de Cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.   

 SIPNOSE  

 ¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.   

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw    

 Para rematar este ciclo o venres día 19 de xuño de 2020 proxectarase “Histeria”, de Tanya Wexler.    

SIPNOSE   

 Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constantemente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar "convulsións paroxísticas", que na verdade eran orgasmos.   

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8   

Medidas de saúde e hixiene ante o Covid-19 

· Aforo máximo do local: 50 persoas en butacas separadas e numeradas  
· Diferenciación de accesos e saídas  
· Recoméndase reserva previa no 986 610 000 ext.5 (en horario de 9:00 a 14:30h ou en cultura@aguarda.es  
· Desinfección previa da sala, butacas e disposición de xel hidroalcohólico para usuarios/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario